Ramiro Martínez Rodriguez, nado en Soaserra (Cabanas) o 26 de maio de 1915 e finado no mesmo concello o 31 de maio de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fuxiu ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Logrou escapar nunha batida da Garda Civil en Sanguiñedo en setembro de 1940, na que morreron varios compañeiros. Foi detido o 30 de maio de 1942 pola delación dun infiltrado, levárono ao cuartel onde foi torturado ata que o remataron no monte. O seu cadáver apareceu no Carballón. Foi soterrado no cemiterio de Soaserra.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes