Os Detroit Tigers son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Detroit, Míchigan. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde o ano 2000 xogan os seus partidos como local no Comerica Park, recinto con capacidade para 41.297 espectadores. Os Tigers, fundados no ano 1901, foron un dos membros fundadores da American League, a franquía desta liga máis antiga con sede na mesma cidade e co mesmo nome. O equipo gañou catro Series Mundiais (1935, 1945, 1968 e 1984), once títulos da American League (1907, 1908, 1909, 1934, 1935, 1940, 1945, 1968, 1984, 2006 e 2012), e catro títulos da División Central (2011, 2012, 2013 e 2014). Os Tigers tamén gañaron títulos de división en 1972, 1984 e 1987, cando eran membros da División Leste.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Detroit Tigers