Claudio Rodríguez Vázquez,Nalgunha fontes o seu nome aparece como Claudino. coñecido como Crispín ou Penís, nado en Teis (Vigo) en 1913 e finado en Lavadores en abril de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Militante do PCE. Non se presentou a filas cando foi chamado o seu reemprazo e uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas, activo desde 1938 entre Redondela e Vigo. Presentouse ante o gobernador civil Manuel Gómez Cantos en 1939 atraído pola promesa de amnistía. A principios de 1940 participou na reorganización do PCE. Pola presión policial botouse ao monte en novembro de 1945. Foi membro do destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, baixo o mando de Manuel Simón Campos. Acusado de participar no asasinato do veciño de Beade Manuel Leirós Pérez o 26 de xaneiro de 1946. O 14 de outubro de 1946 participou no asalto en Vilatuxe a oito ómnibus que se dirixían á feira da Bandeira.O asalto guerrilleiro da Saborida Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, o 21 de maio de 1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2. A principios dos anos cincuenta foi localizado pola Garda Civil en Lavadores. Foi morto pola Garda Civil en abril de 1951."Muerte de un audaz bandolero", El Pueblo Gallego, 10-4-1951, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes