A bolboreta da col ou bolboreta da verzaBUSCatermos bolboreta da verza, que dá como referencias: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. (Pieris brassicae) é unha especie de bolboreta da familia Pieridae. É un parente próximo da especie Pieris rapae.
Este lepidóptero é común en Europa, Norte de África e Asia incluíndo os Himalaias.
Distribución
esquerda|miniatura|230x230px|Hábitat de P. brassicae, en Dojran, Macedonia É unha especie común en Europa, norte de África e Asia ata o Himalaia, que se atopa con frecuencia en zonas agrícolas, praderías e parques. Conseguiu establecer unha poboación en Suráfrica e en 1995 predíxose que chegaría a Australia e Nova Zelandia.
A bolboreta da col voa moi ben e pode cruzar brazos de mar doadamente. Hai informes esporádicos do século XX da presenza de individuos desta especie no noroeste dos Estados Unidos (Nova York, Rhode Island e Maine), pero son dubidosos e poden deberse a transporte accidental ou liberación deliberada, polo que esas introducións teñen o perigo de que se puidese chegar a establecer esta praga agrícola en Norteamérica.
En 2010 atopouse a bolboreta en Nelson, Nova Zelandia. Está clasificada como praga indesexable debido ao seu efecto potencial sobre as colleitas. Como resultado de recompensas monetarias ofrecidas polo goberno durante un período en 2013 e doutras medidas de contenciónWanted: Great white butterfly, preferably dead . 3 News NZ. 25 de setembro de 2013.Holiday butterfly bounty season over . 3 News NZ. 14 de outubro de 2013., como 263 000 buscas na illa Sur e a liberación de avespas predadoras, esta especie foi declarada oficialmente erradicada de Nova Zelandia en decembro de 2014.
Morfoloxía
Ovos A bolboreta da col pon ovos de cor amarela clara, que se volven amarelos máis intensos 24 horas despois. Unhas poucas horas antes da eclosión, póñense de cor negra, e a casca faise máis transparente, polo que se pode ver a larva que hai dentro.Molet, T. 2011. CPHST Pest Datasheet for Pieris brassicae. USDA-APHIS-PPQ-CPHST. miniatura|Ovos de Pieris brassicae sobre unha folla de coliflor
Larvas
As larvas experimentan catro mudas e cinco ínstares. O primeiro ínstar aparece despois da eclosión da larva do ovo. As larvas son amarelas claras con cabezas marróns e teñen corpos brandos. As larvas teñen un aspecto moi piloso. A larva da bolboreta da col ou da verza medra en cada muda e ínstar. Despois dunha muda, as larvas entran no segundo ínstar. Teñen tubérculos cubertos de pelo negro. No terceiro ínstar, as larvas mostran máis actividade. Neste ínstar a larva come vorazmente e causa danos significativos á planta hóspede. Neste momento son dunha cor amarela máis intensa, chatolada con pintas negras. Despois do terceiro ínstar, as larvas pasan ao cuarto, no que teñen unha aparencia moi similar á anterior, pero cun tamaño meirande e un aínda máis intenso comportamento comedor. No quinto ínstar as larvas son cilíndricas, robustas, alongadas e amarelas e cunha coloración brillante no abdome e tórax e cabeza gris e negra Este ínstar require unha cantidade e calidade do alimento óptimas para poder desenvolverse completamente, e se non dispón dese alimento a larva morre antes de converterse en bolboreta adulta.Metspalu, L., K. Hiiesaar, J. Joudu, and A. Kuusik. "Influence of Food on Growth, Development and Hibernation of Large White Butterfly." Agronomy Research 1 (2003): 85-92. Print.
miniatura|Eirugas da bolboreta da col sobre follas de Tropaeolum majus miniatura|Crisálide da bolboreta da col, baixo un tellado
Adultos
En machos e femias as ás son brancas con puntas brancas nas ás anteriores. A femia ten tamén dous puntos negros en cada á anterior. A parte inferior de cada á é verdosa clara e serve como unha excelente camuflaxe cando está pousada. As marcas negras son xeralmente máis escuras na proxenie nacida no verán. A envergadura é de 5 a 6,5 cm como media.
Machos
A parte superior do macho é de cor branca crema. A á anterior está inzada de escamas negras na base e ao longo da vea costa durante un curto tramo. O ápice e termen sobre a vea 2 teñen máis ou menos extensión de cor negra e a marxe interna da área negra contén unha curva moi uniforme. Á anterior: uniforme, con escamas negras na base, unha gran mancha subcostal negra antes do ápice. A parte inferior da á anterior é branca, lixeiramente salferida de escamas negras na base da cela e ao longo da costa. O ápice é ocráceo claro cunha gran mancha negra na metade exterior do interespazo 1 e outra mancha negra cadrada na base do interespazo 3. A á posterior é marrón ocre clara, con moitas escamas negras pequenas. A mancha negra subcostal antes do ápice vese por transparencia desde a cara superior. As antenas son negras e brancas no ápice. A cabeza, tórax e abdome son negros, con algúns pelos brancos, e na parte inferior son abrancazadas.
Femias
A parte superior da femia é similar á do macho, pero as escamas negras na base das ás están máis estendidas. A área negra sobre o ápice e termen da á anterior é máis ancha, a marxe interna está curvada menos uniformemente. Hai tamén un claro punto negro grande na metade externa do interespazo 1 preto da base do interespazo 3. Na á posterior a mancha negra subcostal antes do ápice é moito máis grande e máis prominente. A parte inferior é similar á do macho, pero o ápice da á anterior e toda a superficie da á posterior é dunha cor amarela algo ocre, non marrón ocre. As manchas negras discoidais na á anterior son moito máis grandes. As antenas, cabeza, tórax e abdome das femias son iguais que as do macho.
Hábitat
O hábitat da bolboreta da col son áreas de grandes espazos abertos, e tamén granxas e xardíns, debido á abundancia de comida. Algunhas localizacións favorecidas son os muros, valados, troncos de árbores e as plantas hóspede das que se alimenta, o cal é importante para a supervivencia desta especie, xa que necesitan ter acceso fácil á fonte de alimento. Voan principalmente arredor desas localizacións, que deberían conter tanto plantas crucíferas silvestres coma cultivadas, e colza, coles e coles de Bruxelas.Carter, D. (1992) Butterflies and moths. Dorling Kindersley, Londres.Asher, J., Warren, M., Fox, R., Harding, P., Jeffcoate, G. & Jeffcoate, S. (2001) The Millennium Atlas of Butterflies in Britain and Ireland. Oxford University Press, Oxford.Carter, D. & Hargreaves, B. (1986) A field guide to caterpillars of butterflies and moths in Britain and Europe. William Collins & Sons Ltd, Londres.
Reprodución e desenvolvemento
Sistema de apareamento
Aínda que estas bolboretas poden ser poliandrias, este non é o seu sistema de apareamento predominante. Isto significa que, aínda que algunhas bolboretas femia poden ter máis dunha parella, a maioría só teñen unha parella na época reprodutora seguindo un sistema de apareamento monógamo.Karlsson, B. "Male Reproductive Reserves in Relation to Mating System in Butterflies: A Comparative Study." Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 263.1367 (1996): 187-92. Print.Sexual Size Dimorphism in Relation to Female Polygamy and Protandry in Butterflies: A Comparative Study of Swedish Pieridae and Satyridae Christer Wiklund and Johan Forsberg Oikos , Vol. 60, Fasc. 3 (Apr., 1991), pp. 373-381
Prodúcense dúas xeracións destas bolboretas ao ano. A primeira das proxenies consta de adultos que eclosionaron en primavera en abril. A segunda consta de adultos que eclosionan arredor de xullo. Ás veces, observouse unha terceira proxenie ao longo do verán se o tempo é cálido dabondo."Pieris Brassicae — Overview." Encyclopedia of Life. N.p., n.d. Web. 24 Oct. 2013.
Ciclo vital
Oviposición
As femias poñen os ovos agrupados sobre o envés das follas porque as larvas prefiren a morfoloxía do envés. Para ovipositar, as femias usan o extremo do abdome e colocan os ovos en lotes específicos.
O período de preoviposición, que dura de tres a oito días, proporciona moito tempo para que estas bolboretas se apareen.Scott, James A. "Mate-Locating Behavior of Butterflies." American Midland Naturalist 91.1 (1974): 103-17. Print. As femias adoitan usar as patas anteriores para golpear nas superficies das follas onde pretenden poñer para comprobar se a planta é axeitada para unha exitosa reprodución. Se encontran unha superficie boa, as femias ovipositan dous ou tres días despois da copulación. Ovipositan de seis a sete veces en oito días, aproximadamente. As femias poden emparellarse para aparearse outra vez uns cinco ou seis días despois do apareamento anterior.W. A. L. David and B. O. C. Gardiner (1962). Oviposition and the hatching of the eggs of Pieris brassicae (L.) in a laboratory culture. Bulletin of Entomological Research, 53, pp 91-109. doi:10.1017/S0007485300047982.
Elección de lugares para a oviposición
As femias seguen pistas visuais, como as cores das plantas, para decidir onde poñer os ovos. Prefiren superficies verdes para a oviposición, o que pode deberse a asegurarse unha fonte de comida.
A maioría das femias elixen plantas de néctar como Buddleja ou cardos,Rowlings, Matt. "Large White." Pieris Brassicae - Field Notes. N.p., n.d. Web. 24 Oct. 2013."Attributes of Pieris Brassicae." Butterflies and Moths of North America | Collecting and Sharing Data about Lepidoptera. National Biological Information Infrastructure (NBII) Program and the USGS Northern Prairie Wildlife Research Center, n.d. Web. 24 Oct. 2013. que son plantas verdes e ideais para as larvas. Estas plantas, usadas como sitios para a oviposición, conteñen normalmente glicósidos do aceite de mostaza, cuxa principal función é axudar as larvas a sobrevivir como fonte de alimento esencial.Chun, Ma Wei. Dynamics of Feeding Responses in Pieris Brassicae Linn as a Function of Chemosensory Input: A Behavioural, Ultrastructural and Electrophysiological Study. Wageningen: H. Veenman, 1972. Print. Por exemplo, os estudos previos mostraron que as larvas non sobreviven se as bolboretas adultas ovipositan sobre unha planta hóspede diferente como o faballón (Vicia faba), porque este feixón non contén os nutrientes apropiados para axudar ao seu desenvolvemento larval.
Eclosión
Os ovos desta especie eclosionan aproximadamente unha semana despois da súa posta e as larvas viven en grupo durante certo tempo. O período de eclosión dura de dúas a sete horas. Despois de eclosionaren, causan moitos danos á planta hóspede ao comeren ata esnaquizar a planta hóspede. miniatura|Ovos e eirugas acabadas de eclosionar miniatura|Eiruga miniatura|Eiruga
Comportamento
Migración
A bolboreta da col encóntrase na maior parte de Eurasia, aínda que hai algunhas flutuacións estacionais debidas á migración. As poboacións do norte adoitan aumentar durante a migración do verán pola chegada de poboacións do sur. Comezan a viaxe a principios da primavera e seguen migrando ata o cambio de estación ao outono e o comezo do tempo frío. Isto significa que normalmente realizan dous ou tres voos migratorios por estación reprodutora da bolboreta.
Os padróns migratorios da bolboreta da col normalmente só se observan cando hai algunha alteración. En xeral, son padróns migratorios atípicos; normalmente, as bolboretas voan cara aos polos na primavera, e cara ao ecuador en outono. Porén, voan en direccións aleatorias, excluíndo a norte, en primavera, e observouse pouca migración de retorno.Feltwell, John. Large White Butterfly: The Biology, Biochemistry, and Physiology of Pieris Brassicae (Linnaeus). The Hague: W. Junk, 1982. Print. Porén, foi moi difícil rastrear as rutas migratorias completas, xa que estas bolboretas poden migrar máis de 800 km; así, as bolboretas individuais poden non migrar os 800 km, senón que máis ben unhas bolboretas empezan as súas migracións desde onde outras terminaron.
Hibernación