Ahuna Mons é a montaña máis grande do planeta anano Ceres. Proxectase sobre un terreo de forma lisa, non é un accidente xeolóxico de impacto, e semella se-la única montaña do seu tipo en Ceres. Raias brillantes percorren de arriba a abaixo as súas ladeiras; pensase que esas trazas brillantes están compostas por sales, esa composición sería semellante á das machas brillantes de Ceres, e probablemente son ó resultado da actividade criovolcánica do interior de Ceres. Recibiu o seu nome en referencia ó festival da recollida da colleita do pobo Sumi Naga, no nordeste da India.
Descubrimento A montaña foi descuberta grazas ás imaxes captadas pola Dawn en órbita en torno a Ceres, no 2015. Estímase que ten unha altura media de preto de 4 km e unha altura máxima de preto de 5 km, visto dende a ladeira máis longa; ten uns 20 km de ancho na base.
Orixe Tense proposto que Ahuna Mons se formou coma un cumio criovolcánico. Sería pois, o criovolcán máis preto do sol, descuberto até o de agora no Sistema Solar. Está máis ou menos nas antípodas da maior conca de impacto de Ceres, que é o cráter Kerwan, con 280 km de ancho. A enerxía sísmica do impacto que formou o cráter Kerwan púidose enfocar no lado oposto de Ceres, fracturando as capas exteriores da zona e facilitando así o movemento do magma criovolcánico de alta viscosidade (que consistiría en xeo de auga enlamado e abrandado polo seu contido en sales) que estaba sendo empurrado cara a superficie do planeta anano. O reconto de cráteres suxire que a formación da montaña continuou nos últimos varios centos de millóns de anos, facendo desta unha característica xeolóxica relativamente nova.
Galería miniatura|centro|400px|Imaxe xerada por ordenador de Ahuna Mons, a elevación está magnificada por dous (1 de setembro de 2016).
Animacións
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Ceres Lista das montañas máis altas do Sistema Solar
Ligazóns externas New View Of Ceres Conical Mountain A Puzzler , Bog King
Categoría:Accidentes xeolóxicos de Ceres Categoría:Montes extraterrestres