Germán Darriba Cabezal, nado na Coruña o 25 de novembro de 1919El Ideal Gallego, 28-11-1919, p. 4. e finado en Bergondo o 29 de decembro de 1947, foi un mecánico e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Mecánico de profesión. Prestou os seus servizos como soldado no Grupo de Sanidade Militar nº 8 e pertenceu á División Azul. Ao regreso empregouse como peón na Fábrica de Armas da Coruña (1943-1947). O 15 de setembro de 1947 botouse ao monte e enrolouse no Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi abatido pola Garda Civil en Vixoi (Bergondo) o 29 de decembro de 1947.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes