La Di Da Di é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock experimental Battles, publicado o 18 de setembro de 2015 a través do selo Warp Records. É o último álbum da banda co guitarrista e baixista Dave Konopka, que marchou en 2018.
Gravación La Di Da Di é o único álbum de Battles sen voces. O guitarrista Dave Konopka dixo: "Para min, as voces son como r¡ese cuarto instrumento que é totalmente insignificante nunha banda como Battles porque non temos nada que dicir e dos tres ningún de nós é realmente capaz de cantar. A decisión de non ter voces é máis unha decisión autosuficiente e funcional que calquera cousa. Encántanme moitas bandas con voz, non me entendades mal. Cando se aplica a nós e á composición química de Battles é simplemente inexplicable".
Recepción da crítica La Di Da Di tivo recensións na súa maioría positivas dos críticos de música no momento do seu lanzamento. En Metacritic, que asigna unha valoración normalizada de 100 ás recensións dos principais críticos, o álbum conseguiu unha puntuación de 73 baseándose en 30 críticas, o que indica "críticas xeralmente favorables".
Listaxe de cancións
Persoal
Dave Konopka - baixo, guitarra, efectos John Stanier - batería Ian Williams - guitarra, teclados
Notas
Categoría:Álbums de Battles Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Warp Records