Chastity Belt é unha banda de indie rock/indie pop estadounidense formada en 2010 e procedente de Walla Walla, Washington. O grupo está composto por Julia Shapiro, Lydia Lund, Annie Truscott e Gretchen Grimm. Chastity Belt toca unha mestura de rock alternativo, rock and roll, noise pop e pop. A banda leva publicados dous álbums de estudio, No Regerts (2013), e Time to Go Home (2015).

Historia O grupo formouse en Walla Walla, Washington, no ano 2010 mentres os seus membros estudaban no Whitman College, coa líder da banda Childbirth Julia Shapiro como vocalista principal e guitarrista, e coa guitarrista principal Lydia Lund, a baixista Annie Truscott e a batería Gretchen Grimm. Chastity Belt toma un achegamento humorístico aos estereotipos e costumes femininos nas súas letras, desafiando as normas de xénero e a feminidade como unha construción.

A banda editou o seu primeiro álbum de estudio, No Regerts, o 13 de agosto de 2013 a través de Help Yourself Records. O seu segundo álbum de estudio, Time to Go Home, foi publicado o 24 de marzo de 2015 polo selo Hardly Art, recibindo críticas positivas. O seu terceiro álbum de estudio, I Used to Spend So Much Time Alone, apareceu o 2 de xuño de 2017, tamén a través de Hardly Art.

Tras un breve descanso en 2018, o grupo anunciou o 10 de xuño de 2019 que o seu cuarto álbum publicaríase co nome de Chastity Belt o día 20 de setembro. O sinxelo "Ann's Jam" lanzouse xunto co anuncio. Escribindo para a revista The Fader, Alex Robert Ross chamouno "o álbum máis exuberante e con son máis lúgubre do cuarteto ata o momento". Tras o seu lanzamento, Abby Jones de Pitchfork descriu o álbum como "o máis ensoñador e tranquilo" dos seus traballos.

Discografía Álbum Ano Selo No Regerts 2013 Help Yourself Time to Go Home 2015 Hardly Art I Used to Spend So Much Time Alone 2017 Hardly Art Chastity Belt 2019 Hardly Art

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Facebook oficial

Categoría:Grupos musicais de Washington Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Bandas de mulleres