Os romaneses (en ) son un grupo étnico que habita principalmente en Romanía que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a lingua romanesa. Autores importantes consideran que os moldovos tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en Moldova.A palabra moldovo indica nacionalidade, pero de feito os moldovos son etnicamente romaneses: David Levinson, Ethnic Groups Worldwide: A Ready Reference Handbook By, 1998, Greenwood Publishing Group.De acordo co censo do ano 1989, a poboación total de Moldova era de 4.335.400 persoas. A nacionalidade máis importante da república, as persoas etnicamente romanesas, eran 2.795.000 persoas, un 64,5 por cento da poboación: «Porén, iso só é unha interpretación dos resultados do censo. O debate sobre a etnicidade dos moldovos e os romaneses é delicada.» Identitat nacional de Moldàvia , p. 108 e seguintes) Fonte: Biblioteca do Congreso dos EUA. Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.
Os romaneses son unha nación no sentido de ethnos (en romanés, neam); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala romanés como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa,Lei de cidadanía romanesa, en inglés promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.Datos segundo a Unión Latina.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Grupos étnicos de Europa Véxase tamén A Concise History of Romanians
Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Romanía Categoría:Grupos étnicos de Moldova Categoría:Grupos étnicos de Ucraína Categoría:Grupos étnicos de Serbia Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Grupos étnicos de Hungría