Benedicto Escourido Cobo, coñecido como Lúa, nado en Atián (Miñotos, Ourol) en 1928 e finado na mesma parroquia o 2 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Josefa Escourido Cobo. Carpinteiro e baixista da orquestra de Miñotos. Era enlace do grupo de José Vázquez Gómez "Ubaldo". Logo da súa morte o 12 de novembro de 1947, incorporouse á guerrilla. Foi capturado nun enfrontamento coa Garda Civil xunto con José Porto Lestegás o 2 de outubro de 1948 nos montes de Leborín en Miñotos (Ourol). Feridos por disparos dunha metralladora, ambos permaneceron varias horas agochados até que a “Brigadilla” despregou cans para localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. José Porto gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas e suicidouse coa última bala. Benedicto foi detido e -atado a unha escaleira para desprazalo-, torturárono para que descubrise a cova da estrada entre Silán e O Viveiró usada como deposito de armas dos fuxidos. Alí non atoparon armas pero si información sobre Celia González e a súa nai Josefa Escourido. Benedicto, moi malferido, foi asasinado no Salón do Carme de Abaixo (Miñotos, Ourol) onde a Garda Civil parou a xantar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes