Festigal é un encontro cultural que se celebra anualmente en Santiago de Compostela, durante os días 24 e 25 de xullo, co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia. Está organizado polas asociacións nacionalistas Galiza Nova e Fundación Galiza Sempre.

Características miniatura|Presentación do Festigal 2013.|esquerda Durante os dous días de celebración mestúranse, no parque da Alameda de Compostela, actividades culturais, lúdicas e deportivas, como presentacións de libros, debates ou obradoiros. Na noite do día 24 organizase un concorrido concerto musical e no 25, após as tradicionais manifestacións nacionalistas do Día da Patria Galega, ten lugar un xantar popular na Carballeira de Santa Susana.

Nas actuacións musicais ponse especial interese na potenciación de novo conxuntos que se caractericen por levar na súa identidade a música e a cultura galegas. Neste sentido, desde 2015, organízase o concurso "Novos Valores", no que se elixe unha banda emerxente para a abertura do concerto do 24..

O festigal recibiu en 2014 o Premio Martín Códax da Música na categoría de festivais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Así foi o Festigal 2018. Festigaltv (31/07/2018). Youtube.

Categoría:Festivais de música en Galicia