Justo Galán Barbero, nado en Madrid e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un tipógrafo e político galego.

Traxectoria Tipógrafo na Coruña. Debuxante. Estaba afiliado ao POUM. Participou nas actividades clandestinas da CNT e da FAI da Coruña até que foi detido en 1937. Xulgado na Coruña en consello de guerra, foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Lisardo Longueira García, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido