Mercyful Fate é unha banda danesa de heavy metal formada en 1981 en Copenhague polo vocalista King Diamond e o guitarrista Hank Shermann. Influenciada polo rock progresivo e o hard rock, con letras que falan de Satanás e de ocultismo, Mercyful Fate foi parte da primeira onda do black metal de principios a mediados dos anos 80. Moitas das bandas dese movemento influenciarían posteriormente aos músicos de black metal nos anos 90, particularmente en Noruega. Dende a aparición do grupo en 1981, Mercyful Fate publicou sete álbums de estudio, dous EPs e catro recompilatorios.

Despois de varios cambios de formación e demos autoeditadas, Mercyful Fate publicou o seu EP Merciful Fate en 1982, cunha formación composta por King Diamond (voces), Hank Shermann (guitarra), Michael Denner (guitarra), Timi Hansen (baixo) e Kim Ruzz (batería). Con esta formación o grupo gravou os seus primeiros dous álbums de estudio, Melissa (1983) e Don't Break the Oath (1984), e durou ata 1985, cando a banda separouse debido a diferenzas musicais. En 1993 catro dos cinco membros de Mercyful Fate reuníronse para gravar o álbum In the Shadows, que foi editado ese mesmo ano. Durante os anos 90 a banda lanzou catro álbums de estudio máis e pasou por varios cambios na formación. Dende 1999 Mercyful Fate está en hiato, aínda que se ten reunido varias veces na década dos 2000.

Discografía Álbum Ano Selo Melissa 1983 Roadrunner Records Don't Break the Oath 1984 Roadrunner Records In the Shadows 1993 Metal Blade Records Time 1994 Metal Blade Records Into the Unknown 1996 Metal Blade Records Dead Again 1998 Metal Blade Records 9 1999 Metal Blade Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Dinamarca Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de black metal Categoría:Grupos musicais formados en 1981