dereita|miniatura|Tapa de rexistro da SEPES no polígono industrial de Bergondo.
A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.
Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.
O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.
Evolución histórica SEPES é herdeira directa de dous organismos públicos que alcanzaron un gran prestixio no ámbito urbanístico da Administración do Estado: Gerencia de Urbanización Instituto Nacional de Urbanización (INUR) A Gerencia de Urbanización creouse en 1959 co obxectivo de preparar solo urbanizado. Actuou até 1972, ano en que pasou a se denominar Instituto Nacional de Urbanización, desenvolvendo unha importante actividade urbanizadora de solo residencial e industrial até 1981.
En 1981 extinguiuse o INUR, adscribíndose á recentemente creada Sociedad Estatal de Promoción e Equipamento de Suelo (SEPES) boa parte do seu persoal e a totalidade das súas actuacións urbanísticas industriais e transferíndose as súas actuacións residenciais ás Comunidades Autónomas.
Ámbito de Actuación Por medio do Real Decreto 1525/99 de 1 de outubro, SEPES, Entidade Pública Empresarial de Suelo abriuse outra etapa para esta Entidade Pública na que se marcan novos obxectivos e se amplía o ámbito de actuación a solo terciario e de servizos.
Polígonos industriais desenvolvidos na comunidade galega Polígono industrial A Grela - Bens (1963) Polígono industrial do Tambre (1975) Polígono industrial da Gándara (1982) Polígono industrial das Gándaras (19??) Polígono industrial de Bergondo (1990) Polígono industrial Río do Pozo (1993) Polígono industrial do Ceao (19??) Polígono industrial do Espírito Santo (1996) Polígono industrial Vilar do Colo (2000) Polígono industrial dos Capelos (2002) Polígono industrial da Tomada Polígono industrial Curtis-Teixeiro Parque empresarial de Ribadeo Polígono industrial de Morelle O SEPES tamén ten unha participación maioritaria en Suelo Empresarial del Atlántico, entidade que se dedica á promoción de solo empresarial en Galiza.
Notas
Categoría:Institucións de España