As linguas yolŋu (yolŋu matha: lingua da xente) son un grupo de linguas dos yolŋu, un pobo aborixe australiano que habita no nordeste de Terra de Arnhem, no norte de Australia.
Na cultura popular Os filmes Ten Canoes (2006) e Charlie's Country (2013), ámbolos dous dirixidos por Rolf de Heer e protagonizados polo actor David Gulpilil, conteñen diálogos en linguas yolŋu. Ten Canoes foi a primeira longametraxe rodada completamente nunha lingua aborixe australiana, estando o diálogo na variedade ganalbiŋu de yolŋu matha.
Geoffrey Gurrumul Yunupingu foi un popular cantante australiano que cantaba no dialecto gumatj de yolŋu matha, así como o grupo de rock aborixe Yothu Yindi.
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia
Categoría:Linguas yolŋu Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia