Alfonso Piñón Teijido, nado en Ferrol, foi un comerciante e xornalista galego.

Traxectoria En 1914 trasladouse a Coruña.El Correo Gallego, 9-2-1914, p. 1. Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Pueblo Gallego, onde asinaba co pseudónimo Bernardino de Lamas. Formou parte da Sociedade de Amigos do Campo da Coruña, que programaban excursións. Amigo de Xaime Quintanilla Martínez e Felipe Bello Piñeiro, entre 1924 e 1932 filmou imaxes documentais de Galicia, rodando cen películas de entre un minuto e minuto e medio de duración."Películas gallegas", La Voz de Galicia, 20-1-1928, p. 2. Fundou o grupo alpinista Abrente. Foi o promotor con Manuel de Pedre do Monumento ao camiñante descoñecido de Barallobre inaugurado o 1 de xullo de 1934. miniatura|Inauguración do monumento ao camiñante descoñecido.

Vida persoal

Casou en Vigo con Rosa Vázquez López en 1941.El Pueblo Gallego, 22-3-1941, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O primeiro documentalista galego e o Monumento ao Camiñante Descoñecido Recuperan los inicios del documentalismo gallego a través de 100 películas inéditas

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Nados en Ferrol