In the Aeroplane Over the Sea é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de indie rock Neutral Milk Hotel, publicado o 10 de febreiro de 1998 nos Estados Unidos a través do selo Merge Records e no Reino Unido no mes de maio a través de Blue Rose Records.
O álbum é predominantemente indie rock e folk psicodélico e caracterízase por un son intencionalmente de baixa calidade. Os instrumentos tradicionais do indie rock, como a guitarra e a batería, combínanse con instrumentos menos convencionais como a serra musical e as gaitas irlandesas. As letras son surrealistas e opacas, explorando temas que van desde a nostalxia ata o amor. Unha influencia importante para o álbum foi Diario de Ana Frank.
Jeff Mangum mudouse de Athens, Xeorxia a Denver, Colorado para preparar a meirande parte do material do co produtor Robert Schneider, no seu novo estudio Pet Sounds na casa do músico Jim McIntyre.
O álbum foi o sexto vinilo máis vendido no ano 2008, dez anos despois do seu lanzamento orixinal. A revista NME situouno no número 98 dos mellores álbums de todos os tempos, e a publicación en liña Pitchfork Media elixíuno como cuarto mellor álbum dos anos 90.
Listaxe de cancións Todas as cancións escritas por Jeff Mangum, agás onde se indique. Arranxos de ventos por Robert Schneider e Scott Spillane.
Notas
Categoría:Álbums de Neutral Milk Hotel Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums de Merge Records