Chámase arame a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade de ductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son: ferro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes de bronce e latón. Caracterízase por ser un bo condutor da electricidade,Les conducteurs électriques, sur le site physique-chimie-college.frDéfinition de conducteur , sur le site mediadico.com - consulté le 11 octobre 2012 ademais de ser un bo condutor da calor.miniatura|Arame de espiño.|esquerda|200x200px Características e tratamentos Hai moitos tipos e calidades de arame de acordo coas aplicacións que teñan. Asemade, o diámetro do arame é moi variable e non hai un límite exacto cando un fío pasa a denominarse barra no canto de arame. A principal característica do arame é que permite enrolarse en rolos ou bobinas de diferentes lonxitudes que facilitan a súa manipulación e transporte.

O arame de cobre emprégase para fabricar cables eléctricos, así que o arame máis usado industrialmente é o que se fai de aceiro e de aceiro inoxidable.

O arame normal de aceiro adoita ter un tratamento superficial de galvanizado para protexelo da oxidación e corrosión e tamén hai arame endurecido con proceso de revenimento.miniatura|Arame de cobre dun cable eléctrico.|centro Notas

Categoría:Metalurxia