Nadia Murad Basee Taha (en : ou ), nada en 1993, é unha activista iézidi a prol dos dereitos humanos,, Premio Nobel da Paz en 2018. En setembro de 2016 converteuse en Embaixadora de Boa Vontada para a Dignidade de Superviventes de Tráfico Humano da Nacións Unidas (UNODC). A misión de Nadia é patrocinada e apoiado por Yazda: Organización Iézidi Internacional. Foi secuestrada e retida polo Estado islámico en agosto de 2014. O 1 de xuño de 2017, regresou á súa aldea de casa de Kocho após tres anos.
Traxectoria Murad naceu na vila de Kocho, en Sinjar, Iraq. A súa familia, pertencente á minoría etno-relixiosa dos iézidis, era granxeira.
Catividade Con 19 anos, Murad era unha estudante da vila de Kocho, no norte de Iraq, cando soldados de Estado Islámico rodearon a comunidade iézidi asasinando a 600 persoas, incluíndo a seis irmáns de Nadia, e levando consigo ás mozas como escravas. Ese ano, Murad foi unha das máis de 6 700 mulleres iézidis que foron tomadas como prisioneiras polo Estado Islámico en Iraq. Foi retida como escrava na cidade de Mosul, e foi golpeada, queimada con cigarros e violada cando tratou de escapar. Nadia foi finalmente quen de fuxir cando o seu raptor deixou a casa sen pechar. Foi acollida por unha familia dos arredores que conseguiron levala fóra da área controlada polo Estados Islámico, permitíndolle chegar até un campo de refuxiados de Duhok, no norte de Iraq. No 2015, foi unha das 1000 mulleres e nenos que se beneficiaron do programa de refuxiados do Goberno de Baden-Württemberg, Alemaña, que se converteu no seu novo fogar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Yazda.org
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Activistas de Iraq Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Iraq Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Premio Sakharov