Carolyn Janice Cherry, coñecida como C. J. Cherryh, nada o 1 de setembro de 1942, é unha escritora de ficción científica e fantasía dos Estados Unidos que escribiu máis de 60 libros desde 1976 entre eles as novelas galardonas co Premi Hugo, Cyteen e Downbelow Station.

Traxectoria Estudou na Universidade de Oklahoma onde, non contenta coa súa formación en antropoloxía, historia clásica, arqueoloxía e lingüística, dedicouse pola súa conta a aprender ciencias como a física, a xenética e outras. Exerceu como profesora de latín na citada universidade ata que a partir de 1976 se dedica en exclusiva a escribir.

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1942