A VG-4.7 ou Variante de Vilagarcía de Arousa (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Carril (Vilagarcía de Arousa) e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 7,54 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-548 no Carril (Vilagarcía de Arousa) e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Baión (Vilanova de Arousa).

Percorrido

Inicia na rotonda da estrada PO-548, na parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa) coa dirección cara a norte a Catoira e outra cara a sur a Vilagarcía de Arousa, pasa por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade, seguindo á ligazón da estrada PO-305 na parroquia de Cea (mesmo concello), coa dirección cara a oeste ao lugar dos Martices e outra cara a leste ao lugar de Sequeiros, pasa de novo por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade e remata na rotonda da estrada nacional N-640 na parroquia de Baión (concello de Vilanova de Arousa) con direccións, un cara a oeste a Vilagarcía de Arousa, outro cara a sur a Pontevedra pola estrada PO-531 e outro cara a leste a Caldas de Reis.

Historia

As primeiras obras iniciaron en xaneiro de 2007 foi inaugurado en 2 fases, en 2009, un entre O Carril e Cea (maio de 2009) e outro entre Cea e Baión (xullo de 2009). É a alternativa de evitar a travesía de Vilagarcía de Arousa rodeada a estrada nacional N-640 (incluíndo a variante desta devandita estrada).

Treitos

Denominación Treito Lonxitude Ano servizo O Carril - Cea 5 2009 Cea - Baión 2,5 2009

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Caldas de Reis Categoría:Vilanova de Arousa Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes