Zemlya Vilcheka (en , ), é unha grande illa localizada que forma parte da Terra de Francisco Xosé, Rusia.

Historia Esta grande illa chámase así polo conde austro-húngaro Johann Nepomuk Wilczek.John Nepomuk Graf Wilchek. O conde Hans Wilczek era o patrocinador máis importante da Expedición Austro-Húngara do Polo Norte á Terra de Francisco Xosé.

Cabo Geller foi o lugar de invernada para dous dos membros da Expedición Welle de 1899 esperando o regreso do seu equipo do polo.

Esta illa non debe ser confundida coa pequena Illa Wilczek, "Остров Вильчека", situada ao suroeste da illa Salm, tamén no grupo de Francisco Xosé e nomeada pola mesma persoa.

Xeografía Wilczek é a segunda illa máis grande do arquipélago Francisco Xosé. É case completamente glaciar excepto por dúas áreas estreitas ao longo das súas ribeiras occidentais. O punto máis alto da illa ten 606 m..

O Cabo Ganza (Mys Ganza) é o cabo máis occidental de Wilczek. A canle ao oeste, entre Wilczek e Gallya, é coñecido como Avstriyskyy Proliv (Австрийский пролив).

Glaciares e cúpulas de xeo A Kupol Arktirazvedki (Купол Арктиразведки), cúpula de xeo cobre a parte nordés da illa. No lado occidental da cúpula de xeo Arktirazvedki hai dous glaciares, o Glaciar Stremitelny (Lednik Stremitel’nyy) "Glaciar corredor", ao oeste do cal flúe o Glaciar Molochny (Lednik Molochnyy) "Glaciar lácteo", ambos rematan na costa norte.

Máis ao sur a cúpula de xeo de Kupol Tindalya (Купол Тиндаля), chamado así polo glaciólogo irlandés John Tyndall, cobre a área central do leste da illa. Ao sueste dela flúe o Glaciar Znamenity (Lednik Znamenityy), que remata na costa sur, ao leste da cúpula de xeo o Kupol Oblachnyy (Купол Облачный) está situado no extremo sur da illa.

Illas menores adxacentes A costa da illa está bordeada por varias illas e illotes ribeiregos, sendo os principais:

illa Klagenfurt (Остров Клагенфурт), unha pequena illa localizada a uns 9 km da costa, fronte á baía da costa meridional. Esta illa debe o seu nome a Klagenfurt (en esloveno: Celovec), a capital do estado de Carintia. illotes Gorbunova (Острова Горбунова; Ostrova Gorbunova), dous pequenos illotes localizados a menos de 1 km da costa, fronte a un dos cabos do tramo central da costa oriental (), chamados así en honor ao naturalista ruso Gregory Petrovich Gorbunov (1894-1938). un grupo de catro illotes situados a 1´5 km da costa, fronte ao cabo máis meridional da illa, chamados (de NE a SW): illote Derevyannyy (Остров Деревянный; Ostrov Derevyannyy);. illote Davis (Остров Дауэс; Ostrov Daues), nomeado en honor do navegante da Antártida John King Davis. illote Mak-Nulta (Остров Мак-Нульта; Ostrov Mak-Nulta); illote Tillo (Остров Тилло, Ostrov Tillo''), nomeado en honor do cartógrafo ucraíno Oleksiy Tillo (1839-1900). Esta illa non debe confundirse coa illa Tillo do mar de Kara.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Terra de Francisco Xosé

Ligazóns externas Wilczek Land Weather Pattern Wüllerstorf Mountains

Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do Océano Ártico