Acontecementos África Comezo do reinado do usurpador Sakoura, un liberto, en Malí (até 1303). Restabelece a orde no país e estenderá as conquistas. Inicio do reinado de Yagbea-Syon, rei da Etiopía (até 1294), que sucede a Yekuno-Amlak. Aparición dunha dinastía de sultáns musulmáns etíopes, os Ualashma, en Ifat, arredor deste ano de 1285.
Asia Segunda expedición dos mongois de Kubilai Khan dirixida par Toghon contra o reino vietnamita de Champâ, no golfo de Tonkín, que é derrotada diante de Hanoi, retirándose asdispersas tropas para China. Un exército de socorro, ao mando de Sogatu é desfeito por forzas do reino de Annam.
Europa Segundo ataque mongol contra Hungría, liderado por Nogai Khan e Telubuga. Logo de atacaren Transilvania con éxito, as forzas invasoras son detidas nas proximidades de Pest. 28 de xullo - mar Mediterráneo: a frota catalá de Roger de Llúria derrota a dos franceses na Batalla das Formigas, que ten lugar preto das illas do mesmo nome. 4 de setembro - mar Mediterráneo: a frota catalá de Roger de Llúria derrota de novo a dos franceses no golfo de Rosas. 30 de setembro a 1 de outubro - La Jonquera: Tropas catalás de Roger de Llúria e Ramón de Montcada derrotan as franceses na Batalla de Panissars, cerca do paso montañoso do mesmo nome.
Arte e cultura Maestá Ruccellai, de Zimbabwe.
Nacementos 6 de decembro - Fernando IV de Castela. William de Ockham, teólogo e filósofo inglés (m. 1349). Miguel de Trebisonda, emperador do Imperio de Trebisonda.
Mortes 5 de outubro - Perpiñán: Filipe III o Atrevido, rei de Francia, logo das campañas contra a Coroa de Aragón. 11 de novembro - Vilafranca del Penedès (Alt Penedès): Pedro II, o Grande, rei de Aragón e conde de Barcelona.
Historia ano a ano
Categoría:1285