Acontecementos xullo: Frederico I Barbarrosa, coroado rei en Arles Sverri convértese en rei da Noruega. Sverri apoiouse nas forzas militares para fornecer o Estado de estruturas máis sólidas, reducindo as pretensións da Igrexa (logrou ser coroado solemnemente en Bergen. O arcebispo Eysteinn, así como o seu sucesor Eíríkr tentaron promover un dereito eclesiástico que lle asegurase ao clero unha posición xurídica máis favorábel. Mais Sverri insiste en manter o dereito tradicional. Eíríkr escapou a Dinamarca, promoveu unha revolta contra Sverri e fixo xurdir pretendentes que se lle opuxesen a Sverri (único rei en 1202). Igor Svyatoslavich torna príncipe de Novgorod-Seversky (até 1202).

Arte e cultura Comézase a inclinar a Torre de Pisa segundo se chega á terceira altura.

Ciencia e tecnoloxía 18 de xuño - O impacto dun meteorito na superficie da Lúa crea o cráter que denominamos Giordano Bruno.

Relixión O bispo islandés Thorlákr Rúnolfsson (1178-1193), formado en París, reforma o convento de Thykkvabær e promove a moral cristiá. Cinco anos despois da súa morte será canonizado polo Althing. Fúndase en Milán un mosteiro de cátaros para o tratamento comunitario da lá. miniatura|esquerda|250px|Cráter lunar Giordano Bruno, foto da NASA

Nacementos 22 de decembro - Antoku, emperador do Xapón (-1185) Armand de Périgord, Grande Mestre dos Templarios Snorri Sturluson, historiador e político islandés (-1241) 27 de maio - Tomé I de Savoia, conde de Savoia (-1233) Baduíno V de Xerusalén

Mortes

Historia ano a ano

Categoría:1178