Acontecementos Europa Imperio Bizantino Inicio do reinado de Alexis II Commeno, emperador bizantino (até 1183) Rexencia de María de Antioquía (até 1182). Aséntase sobre a colonia latina de Constantinopla e os mercenarios occidentais. Enfróntanse dous partidos: o dos gobernamentais, apoiados polos ricos e os estranxeiros, e os tradicionalistas, dirixidos por algúns nobres agrupados arredor de María, filla de Manuel e apoiada polo pobo e a igrexa, que vencerá en 1182. Independencia de Serbia baixo a dinastía dos Nemanxides creada por Estevo Nemanxa, que se retirará ao monte Atos en 1196.

España Os casteláns toman Plasencia.

Francia Inicio do reinado de Filipo II Augusto, rei de Francia (até 1223. En febreiro fai apresar aos xudeus, a quen libera en troques dun rescate de 31 000 libras parisienses, e abole todas as debedas dos cristiáns con eles. O 28 de abril casa con Isabel de Hainaut, filla de Baduíno V de Hainaut. O 28 de xuño asina un tratado de axuda defensiva e ofensiva con Henrique II Plantagenet.

Sacro Imperio Frederico Barbarrosa confíscalle o ducado de Baviera a Henrique o León para entregarllo a Otón I de Wittelsbach.

Asia Apoxeo dos khmer en Camboxa. Na India, fin da dinastía Chalukia coa morte de Someshvara, fillo de Bijjala.

Xapón Inicio do reinado do emperador Antoku no Xapón. 5 de maio: chamada ás armas do príncipe Mochihito, apartado do trono do Xapón. Xuño: Taira no Kiyomori traslada a capital do Xapón a Fukuhara (actual Kobe. En novembro trasládaa de novo a Kyoto. 15 de xuño: o príncipe Mochihito foxe de Kyoto e refúxiase en Mii-dera. Comeza a guerra de Gempei 23 de xuño: primeira batalla de Uji. Os monxes do Byodo-in combaten a carón de Minamoto no Yorimasa contra os Taira, mais son vencidos. Yorimasa suicídase (seppuku) e o príncipe Mochihito é asasinado. Sitio de Nara: os Taira préndenlle lume aos templos e mosteiros para se vingar da participación dos monxes. 14 de setembro: Batalla de Ishibashiyama, primeira batalla de Minamoto no Yoritomo contra os Taira. Derrota de Yoritomo. Outubro: Yoritomo establece os seus cuarteis xerais en Kamakura, no leste do Xapón, e lanza de novo as hostilidades. 9 de novembro: Batalla de Fujigawa. Os Taira confunden unha bandada de paxaros acuáticos cun ataque sorpresa dos Minamoto durante a noite e retíranse sen combater, concedéndolle así unha vitoria inesperada a Yorimoto.

Arte e cultura miniatura|225px|Frescos no Panteón dos Reis en Santo Isidoro de León Frescos da bóveda e muros da basílica de Santo Isidoro de León.

Nacementos Pedro Cardenal, trobador occitano (-1278) Francisco de Asís, relixioso italiano fundador da Orde dos franciscanos (-1226) Odón II do Condado de Borgoña, conde de Borgoña (m. 1234).

Mortes Lois VII de Francia, sexto rei de Francia da dinastía dos Capetos (1120-). Manuel I Comneno, emperador bizantino (1118). Bernat de Ventadorn, trobador provenzal (n. ca. 1150).

Outros Iníciase a construción da nave de Notre-Dame de París (rematada en 1200). Invención do arcobotante. Incoherencia da incoherencia, do filósofe andalusí Averroes. Maimónides escribe no Cairo a Mishne-Torah ("A repetición da Lei"). O monxe Alexandre Neckam menciona a agulla de marear.

Véxase tamén

Historia ano a ano

Categoría:1180