Soiuz TM-24 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 18 de agosto de 1996 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soyuz TM-24, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Valeri Korzun, Aleksandr Kaleri e Claudie Haigneré (a primeira muller francesa en ir ao espazo) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.

Durante a misión recibiu a visita da misión STS-79, da Progress M-33, da STS-81 e da Soiuz TM-25.

A Soiuz TM-24 regresou á Terra o 2 de marzo de 1997 ás 6:44 GMT preto de Arkaylk (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir STS-79 STS-81 Soiuz TM-23 Soiuz TM-25

Notas

Categoría:Programa Soiuz