A lingua unami é unha lingua algonquina extinta falada no pasado polo pobo lenape. É unha das dúas linguas delaware, sendo a outra o munsee. O derradeiro falante fluído, Edward Thompson, da Tribo de Indios Delaware, morreu o 31 de agosto de 2002.Chambers, Steve. "The vanishing voice of the Lenape." Star-Ledger. 17 Nov 2002. Consultado o 8 de decembro de 2013. A súa irmá Nora Thompson Dean (1907–1984) tamén achegou valiosa información sobre a lingua ós estudosos antes de morrer. O unami está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Durante os século XVII e XVIII, o unami foi falado polos lenape no que hoxe se coñece como o estado de Nova Jersey, o sueste de Pensilvania e o norte de Delaware. Na década de 1860, o goberno dos Estados Unidos enviou a moitos lenape cara ó Territorio Indio (o actual estado de Oklahoma) baixo a política de deportación dos indios, e no presente tamén viven en Ontario e Oklahoma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Goddard, Ives. 1979. Delaware Verbal Morphology. Nova York: Garland. [published version of 1969 Harvard University dissertation in linguistics] Goddard, Ives. 1997. "Pidgin Delaware.” Sarah G. Thomason, ed., Contact Languages: A Wider Perspective, pp. 43–98. Ámsterdam: John Benjamins Publishing Company.

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas mortas de América do Norte