A mina romana de ouro de Covarradeiras é unha antiga explotación mineira situada no lugar de Covarradeiras (Covas, Ferrol), nas abas dos montes da Lagoa. Foi catalogada polo concello de Ferrol como ben de interese arqueolóxico.
Características A orixe desta mina de ouro posiblemente fose anterior á romanización de Galicia e xa fose explotada na Idade dos Metais. Na explotación primitiva traballárase a parte superficial dun paquete de catro filóns de cuarzo con arsenopirita auríferaVariedade da arsenopirita formada por FeAsS e Au., tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel. Aínda poden identificarse varias labores superficiais posibelmente romanas coma unha gran poza duns 50 metros de diámetro e 10 de profundidade para acumular auga. A mina era explotada polo método de ruina montium. Na parte baixa do monte está o vertedoiro de pedras do lavado de mineral. As galerías que aínda existen están inundadas e foron tapiadas. A principios do século XX tentou volverse a poñer en explotación.
A mina ten forma de Y, con dous brazos que soben polo monte dende o pé do mesmo. Ten unha superficie de 2,55 ha., cunha lonxitude máxima de 267,18 m. A maior diferenza de cota entre os límites inferior e superior da delimitación é de 72 metros; entre o límite superior e o centro da mina é de 65 metros.
Non se fixeron estudos arqueolóxicos da mina nin un aproveitamento turístico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galicia prehistórica
Ligazóns externas Mina Marieta (Mina de Covarradeiras) Covas, Ferrol, A Coruña Mineralogía Topográfica Ibérica: imaxes da mina
Categoría:Prehistoria de Galicia Categoría:Ferrol Categoría:Sitios arqueolóxicos romanos de Galicia Categoría:Ouro Categoría:Minaría