Diet Cig é un dúo estadounidense de pop-punk formado en setembro de 2014 en New Paltz, Nova York. Esta composta polo vocalista e guitarrista Alex Luciano e o batería Noah Bowman. O seu primeiro EP, Over Easy, foi publicado en febreiro de 2015.

Historia Alex Luciano e Noah Bowman coñecéronse nun concerto en New Paltz no verán do ano 2014. A vella banda de Bowman, Earl Boykins, tocaba nese concerto. Luciano necesitaba un chisqueiro e interrompeu ao grupo para pedirlle a Bowman un, pero el no seu lugar deulle unha botella de viño. Despois, Luciano conseguiu o seu número e díxolle de facer un vídeo musical para el. O día seguinte Bowman tatuou unha margarida no pé de Luciano e en agosto de 2014 a parella estaban facendo música xuntos. Aínda que Bowman tocara en bandas dende que tiña 13 anos, Luciano nunca o fixera en ningunha e só sabía tocar algúns acordes coa guitarra. Oficialmente bautizaron ao grupo como Diet Cig en setembro de 2014. Luciano e Bowman confirmaron nunha entrevista en Pigeons and Planes que o nome non tiña significado ningún.

Discografía Álbum Ano Selo Swear I'm Good At This 2017 Frenchkiss Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Notas

Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 2014