O aeroporto de Molde, Årø é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Molde. Está situado en Årø, na ribeira do Moldefjord, a 5 quilómetros ao leste do centro de Molde. A área de captación do aeroporto cobre o distrito de Romsdal.

O aeroporto conta cunha única pista de 2 220 metros de longo e 45 de ancho, con aliñamento 07/25. É propiedade e está operado pola empresa estatal Avinor e durante o ano 2014 pasaron polas súas instalacións un total de 481 406 pasaxeiros. Hai servizos regulares a Oslo operados por Scandinavian Airlines e Norwegian Air Shuttle, e a Bergen, Stord e Trondheim por Widerøe. Wizz Air voa a Gdańsk, o único servizo internacional regular, mentres que outras aeroliñas voan a destinos de lecer de forma estacional.

Aspropostas para un aeroporto que servise a Molde comezaron a discutirse en 1940, pero as cidades veciñas de Ålesund e Kristiansund finalmente tiveron prioridade. A construción das instalacións comezaron en 1969 e o aeroporto inaugurouse o 5 de abril de 1972. Braathens SAFE garantíu os servizos regulares, operados con Fokker F-27 e Fokker F-28, e posteriormente tamén polo máis grande Boeing 737. O goberno tomou o control da súa dirección en 1978.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Molde