Foley, chamado así polo artista de efectos sonoros Jack Foley, é a reprodución de efectos de son cotiáns que se engaden a filmes, vídeos e outros medios durante a posprodución para mellorar a calidade sonora. Estes son poden ser de calquera tipo, dende o rozamento da roupa ou as pegadas dos pés ata portas que renxen e cristais que rompen. A mellor arte de foley está tan ben integrada nun filme que o público non se decata dela.Singer, Philip R. "Art Of Foley". Marblehead Publishing Co. Web. 1 de xullo de 2010. http://www.marblehead.net/foley Axuda a crear sentido de realidade nunha escena, e sen estes sons de fondo, os filmes sentiríanse contranaturalmente silenciosos e incómodos.
Os artistas de foley recrean os son de ambiente que o filme retrata. En ocasións os decorados ou obxectos dun filme non reaccionan acusticamente do mesmo xeito que o fan os reais e os sons de fondo empréganse para mellorar a experiencia do filme. Tamén se pode empregar foley para cubrir sons non desexados gravados durante a rodaxe, como avións ou tráfico pasando.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas History of Jack Foley from FilmSound Studio Post Production Sound Studio featuring Foley Artist Lara Dale of Footvox Studio Audio post production studio that provides Foley recording services and sound effects for films, television, documentaries and animation
Categoría:Cinema Categoría:Acústica