Ю, ю (cursiva Ю, ю) é unha letra do alfabeto cirílico. É a vixésimo novena letra no alfabeto búlgaro, a trixésimo primeira no alfabeto belaruso, e a trixésimo segunda no alfabeto ruso e ucraíno.
Orixes Á parte da forma I-O, en manuscritos primitivos en antigo eslavo eclesiástico a letra aparece tamén na súa forma reflectida O-I (Ꙕ, ꙕ). É esta a forma que probablemente sexa a orixinal, representando fielmente a combinación grega οι (ómicron-iota). Nos tempos nos que o alfabeto grego foi adaptado ao antigo eslavo eclesiástico (dando lugar ao alfabeto cirílico), este dígrafo representaba a vocal pechada anterior redondeada /e/ no grego culto. O dígrafo οι era tan básico para os falantes de grego que a letra υ (ípsilon) que representaba o mesmo son pasou a chamarse υ ψιλόν (e psilon), υ "simple" en contraste con οι "complexa".
Probablemente, de maneira análoga ás outras letras iotizadas "de Iota, Ѥ, ІА (cirílico), Ѩ (cirílico) e Ѭ (cirílico), que cumprían funcións similares no antigo eslavo eclesiástico, esta ligadura OI foi pronto reflectida á súa forma actual ю.
Uso Representa a vogal iotizada /ju/, ou /ou/ despois dunha consoate palatalizada.
Táboa de códigos {| class="wikitable" ! Codificación de caracteres ! Tipo ! Decimal ! Hexadecimal ! Octal ! Binario |- | rowspan="2" |Unicode | Maiúscula |1070 | 042E | 002056 | 0000 0100 0010 1110 |- |Minúscula | 1102 | 044E | 002116 | 0000 0100 0100 1110 |- | rowspan="2" |ISO 8859-5 | Maiúscula | 206 | CE | 316 | 1100 1110 |- |Minúscula | 238 | EE | 356 | 1110 1110 |- | rowspan="2" |KOI 8 | Maiúscula | 224 | E0 | 340 | 1110 0000 |- |Minúscula | 192 | C0 | 300 | 1100 0000 |- | rowspan="2" |Windows 1251 | Maiúscula | 222 | DE | 336 | 1101 1110 |- |Minúscula | 254 | FE | 376 | 1111 1110 |} Os seus códigos HTML son: &1070; ou Ю para a minúscula e &1102; ou &x44E; para a minúscula.
Categoría:Lingua belarusa Categoría:Lingua búlgara Categoría:Lingua rusa Categoría:Lingua ucraína