STS-120 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 23 de outubro de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-120, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un italiano, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada pola comandante Pamela A. Melroy, o piloto George D. Zamka, o enxeñeiro de voo Daniel M. Tani e os especialistas de misión Douglas H. Wheelock, Scott E. Parazynski, Stephanie D. Wilson e Paolo Nespoli.

O Discovery levou o módulo Harmony á estación e moveu a viga P6 ata a súa localización definitiva. A misión tiña que engalar en febreiro de 2004, pero o desastre da misión STS-107 a pospuxo varios anos. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de novembro de 2007.

Notas sobre a tripulación Pamela Melroy foi a segunda muller en comandar un transbordador espacial, despois de Eileen Collins, e a terceira muller seleccionada como piloto do transbordador (Susan Still Kilrain, deixou a NASA sen comandar ningunha misión).​ Adicionalmente, Peggy Whitson, dirixiu a tripulación Expedición 16 da ISS que acollerá á STS-120, foi a primeira comandante feminina da ISS. A STS-120 e a Expedición 16 é a primeira vez que dúas comandantes están en órbita ao mesmo tempo.​​​

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS