STS-127 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 15 de xullo de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-127, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Polansky, o piloto Doug Hurley e os especialistas de misión David Wolf, Christopher Cassidy, Julie Payette, Tom Marshburn e Tim Kopra.
O Endeavour levou ata a estación o terceiro e último compoñente do módulo laboratorio xaponés Kibo, que quedou instalado tras cinco paseos espaciais. A tripulación retirou tamén varias baterías obsoletas e levou varias pezas de reposto.
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 31 de xullo de 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS