Quero vivir (en ) é un filme de cine negro de 1958 escrito por Nelson Gidding e Don Mankiewicz, producido por Walter Wanger e dirixido por Robert Wise, que conta a historia dunha muller, Barbara Graham, delincuente habitual condenada por asasinato que espera a súa execución. Protagonízaa Susan Hayward como Graham. O filme foi adaptado de cartas escritas por Graham e de artigos do xornalista gañador do premio Pulitzer Ed Montgomery. Mostra unha versión ficcionalizada do caso, amosando a posibilidade da inocencia de Graham.

O filme recibiu seis candidaturas aos premios Oscar e Hayward gañou o premio á mellor actriz.

Foi emitido na TVG o 13 de setembro de 1997.La Voz de Galicia, 13 de setembro de 1997. Páx. 79

Argumento O filme conta a historia da vida e execución de Barbara Graham, prostituta e convicta por perxurio. Graham é o resultado dun fogar roto, e traballa atraendo homes a partidas de cartas amañadas. Nun momento intenta seguir unha vida recta, mais casa co "home equivocado" e ten un neno. El é drogadicto e ela remata coa relación.

Cando a súa vida se derrumba, volve ás súas antigas profesións e vese involucrada cun home que matou unha muller. A policía arréstaos e os seus acompañantes acúsana do asasinato para reducir as súas posibilidades de ir á cámara de gas. Ela insiste na súa inocencia, mais finalmente é executada.

Elenco

Susan Hayward como Barbara Graham Simon Oakland como Edward S. "Ed" Montgomery Virginia Vincent como Peg Theodore Bikel como Carl G.G. Palmberg Wesley Lau como Henry L. Graham Philip Coolidge como Emmett Perkins Lou Krugman como John R. "Jack" Santo James Philbrook como Bruce King Bartlett Robinson como Fiscal do Distrito Milton Gage Clarke como Fiscal Richard G. Tibrow

Joe De Santis como Al Matthews John Marley como Pai Devers Raymond Bailey como San Quentin Gertrude Flynn como Matrona de San Quentin Russell Thorson como Sarxento de San Quentin Dabbs Greer como Capitán Stafford Repp como Sarxento Gavin MacLeod como Tenente Alice Backes como Enfermeira de San Quentin George Putnam como el mesmo

Notas

Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre crime Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes dirixidos por Robert Wise Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1958 con versión en galego Categoría:Pena de morte