Autodesk Revit é un programa informático BIM (Building Information Modeling, modelado de información para construción), para Windows propiedade de Autodesk. O programa permite aos usuarios construír edificios e deseños 3D, anotar o deseño con obxectos 2D nunha base de dados. Revit é un programa 4D BIM, permite con ferramentas planificar a traxectoria e estratexia construtiva durante o ciclo de vida, concepto e construción ata o posterior mantemento e/ou demolición.
Autodesk comprou a compañía texana Revit Technology Corporation por 133 millóns de dólares en 2002. As últimas versións do programa son de 64 bits.
Historia Charles River Software foi fundada en Newton, Massachusetts, o 31 de outubro de 1997, por Leonid Raiz e Irwin Jungreis. Dous programadores chave do programa de CAD Pro/Engineer de PTC para o deseño mecánico, coa intención de levar o poder do modelado paramétrico á industria da construción e obra civil (PTC tiña tentado e non foi quen de comercializar o programa Reflex no sector da construción). Co financiamento de Atlas Venture e North Bridge Venture Partners, Raiz e Jungreis contrataron a varios programadores de software e arquitectos para comezar a traballar en Revit con C++ na plataforma Microsoft Windows. En 1999 contrataron a Dave Lemont como CEO e a membros para a xunta directiva a Jon Hirschtick, fundador de SolidWorks, e Arol Wolford, fundador de CMD Group.Crotty, Ray (2012). The Impact of Building Information Modelling: Transforming Construction. London: SPON/Routledge. p. 72. ISBN 9781136860560.
Versións Versión Desenvolvedor Data de lanzamento Novas Revit 0.1 Charles River Software 1999, novembro Early Adopter 1 Revit 0.2 Charles River Software 2000, xaneiro Early Adopter 2 Revit 1.0 Revit Technology Corporation 2000, abril Primeiro lanzamento público Revit 2.0 Revit Technology Corporation 2000, Agosto - Revit 2.1 Revit Technology Corporation 2000, outubro - Revit 3.0 Revit Technology Corporation 2001, febreiro - Revit 3.1 Revit Technology Corporation 2001, Xuño - Revit 4.0 Revit Technology Corporation 2001, novembro - Revit 4.1 Revit Technology Corporation 2002, xaneiro - Revit 4.5 Autodesk 2002, maio Primeiro lanzamento de Autodesk Revit 5.0 Autodesk 2002, decembro - Revit 5.1 Autodesk 2003, maio - Revit 6.0 Autodesk 2003, decembro - Revit 6.1 Autodesk 2003, marzo - Revit 7.0 Autodesk 2004, decembro - Autodesk Revit Building 8.0 Autodesk 2005, febreiro Novo nome: Autodesk Revit Building Autodesk Revit Building 8.1 Autodesk 2005, Agosto - Autodesk Revit Building 9.0 Autodesk 2006, abril - Revit Architecture 2008 Autodesk 2007, abril Novo nome: Revit Architecture Revit Architecture 2009 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2010 Autodesk Novo nome: Autodesk Revit Architecture Autodesk Revit Architecture 2011 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2012 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2013 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2014 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2015 Autodesk - Autodesk Revit Architecture 2016 Autodesk - Autodesk Revit 2017 Autodesk Todo nun Autodesk Revit 2018 Autodesk -
Notas
Categoría:Aplicacións de deseño asistido por ordenador Categoría:Aplicacións de gráficos 3D