O aeroporto de Melbourne , coloquialmente coñecido como aeroporto de Tullamarine, é o principal aeroporto que serve á cidade de Melbourne e o segundo máis concorrido de Australia. Foi inaugurado en 1970 para substituír o próximo aeroporto de Essendon. Trátase do único aeroporto internacional dos catro que serven a área metropolitana de Melbourne.

O aeroporto ten catro terminais: unha internacinal, dúas domésticas e outra doméstica para aeroliñas de baixo custo. Está situado a 23 quilómetros do centro da cidade, xunto o suburbio de Tullamarine. O aeroporto ten o seu propio código postal—Melbourne Airport, Victoria (código postal 3045).

En 2016-17 usaron o aeroporto ao redor dos 25 millóns de pasaxeiros domésticos e 10 millóns de internacionais. A ruta entre Melbourne e Sydney é a quinta con máis pasaxeiros do mundo. O aeroporto opera voos directos a 33 destinos domésticos e a destinos internacionais no Pacífico, Europa, Asia e Norteamérica. Melbourne é un gran centro de conexións para Qantas e Virgin Australia, mentres que Jetstar Airways e Tiger Airways Australia utilizan o aeroporto como base principal.. A nivel doméstico, Melbourne é a sede de Australian air Express e Toll Priority e manexa máis voos de carga internos que calquera outro aeroporto do país.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga AeroliñasDestinosAustralian airExpressAdelaida, Brisbane, Cairns, Canberra, Gold Coast, Hobart, Launceston, Perth, Sydney, TownsvilleCathay Pacific CargoHong Kong, Sydney, Toowoomba WellcampMASkargoKuala Lumpur-Internacional, Iacarta-Soekarno-Hatta, SydneyPolar Air CargoCincinnati, Hong Kong, Honolulu, SydneySingapore Airlines CargoAdelaida, Auckland, SingapurToll AviationSydney-BankstownToll PriorityBrisbane, Perth, SydneyToll Priority operado por Toll AviationAdelaida, Brisbane, Sydney

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Melbourne