O aeroporto de Adelaida é o principal aeroporto de Adelaida, en Australia Meridional. É o quinto aeroporto máis concorrido do país, servindo a máis de 8 millóns de pasaxeiros no ano fiscal que rematou o 30 de xuño de 2017. Está situado ao lado de West Beach, a uns 6 quilómetros ao oeste do centro de Adelaida. Vén sendo operado de forma privada por Adelaide Airport Limited baixo un contrato de longo termo asinado co goberno australiano dende o 29 de maio de 1998.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Adelaida