dereita|miniatura|Claudio Rodríguez Fer, 2022. Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.
Traxectoria
dereita|miniatura|Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022. Comezou a escribir poesía xa de rapaz baixo a influencia de seu pai, un home progresista, súa nai mestra e coa lectura dos abundantes libros que tiña súa tía. En 1966 comezou o bacharelato no Instituto Masculino de Lugo e, en 1970, a súa militancia antifranquista no movemento estudantil. Tamén comezou a colaborar regularmente en El Progreso de Lugo, con artigos e críticas de cine. Tamén inicia o seu labor cine-clubístico organizando exhibicións universitarias e redactando folletos para o Club Cultural Valle-Inclán e o Cine-Club Marcos da Portela. Desde 1974 (ese curso universitario comezou en xaneiro e rematou no verán), estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo e, a partir de 1976, na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1978. Axiña aprobou as oposcións de profesor agregado de Lingua e Literatura Españolas de ensinanza media por oposición libre en Salamanca e catedrático das mesmas materias por oposición libre en Madrid, exercendo en Lugo, Santiago de Compostela e Chantada.
É membro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística, área de Literatura Española, e exerce como docente na Facultade de Humanidades de Lugo. Foi nomeado director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, onde custodia o arquivo e a biblioteca persoais doados polo autor ourensán, e codirixe a revista de investigación Moenia. Foi profesor das Universidades da Cidade de Nova York, de París-Est Marne-La Vallée, da Alta Bretaña en Rennes e da Bretaña Sur en Lorient.
A súa tese de doutoramento (1990, USC) titulouse A literatura galega en Galicia durante a guerra civil e deu orixe a diversos libros. Coordina con Carmen Blanco García Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,Unión libre. Cadernos de vida e culturas e promoveu a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
Deuse a coñecer cos pioneiros poemarios eróticos, enmarcados na natureza e nas cidades de Galicia, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988), libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992), catro deles ilustrados por Carmen Blanco García. A eles seguiron outros máis nómades, a miúdo escritos fóra de Galicia, mais igualmente caracterizados por un vitalismo erótico radicalmente libertario e pola súa conexión co concepto surrealista do amour fou, así como por ser ilustrados por Sara Lamas: Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este cunha ampla introdución de Olga Novo.
A súa temperá conexión co cine orixinou Cinepoemas (1983, ampliado en 2016 con edición gráfica de Cristina Fiaño), e a súa paixón pola música motivou A muller sinfonía (Cancioneiro vital) (2018). Tamén realizou e publicou mostras de poesía visual, como Criptografías (2018, con prefacio de Antonio Gamoneda, labor reunido na exposición antolóxica na Fundación Granell Corpoética (2018), cuxo catálogo se publicou con textos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández Rodríguez e Antonio Gamoneda e deseño de Cristina Fiaño. No Centro de Arte Moderna de Madrid expuxo Corpoética infinita (2019). Con obras do multiartista Eugenio Granell realizou o libro de artista Rastros de vida e poesía (2000) e Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015).
Lugo blues (1987), con fotos de Eduardo Ochoa, A loita continúa (2004) e Ámote vermella (2009), con gravados de Sara Lamas, compoñen a súa triloxía poética sobre, respectivamente, a memoria histórica da súa cidade natal, de Galicia e da muller libre e represaliada.
Reuniu toda a súa obra poética verbal (os seus doce primeiros libros) en Amores e clamores (2011), obra subdividida en "Ciclo Vulva", "Triloxía da memoria" e "Ciclo nómade", e toda a súa obra narrativa en Contos e descontos (2011), incluíndo os inéditos "Prometeo adolescente" e "O neno que non quería ir á guerra", así como os xa publicados Meta-relatos (1988), con fotos de Eduardo Ochoa, e Os paraísos eróticos (2010), con debuxos de Sara Lamas. Tras viaxar por Romanía publicou o poemario ADN do infinito (2021), ilustrado por Sara Lamas. miniatura|De esquerda a dereita: Antón Grande, Antón Méndez, Clara Isabel Morán, Claudio Rodríguez Fer, Manuel Figueiras e Anxo González na Cátedra José Ángel Valente da Universidade de Santiago de Compostela (da que Claudio R. Fer é o director). De fondo os cartafoles co legado documental de Valente. Así mesmo, dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas, tendo intervido publicamente en espazos culturais e universitarios de Europa, América e África. Entre outros recoñecementos, no campo da poesía, recibiu o Premio da Crítica Española por Tigres de ternura (1981) e o Día da Poesía Galega 2016 do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (Uruguai); no campo da investigación, por dúas veces o Premio Antón Losada Diéguez, concretamente por Poesía galega e por A literatura galega durante a guerra civil; no campo académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela e o doutoramento honoris causa da Universidade da Alta Bretaña en Rennes,Cristina Fiaño, «Claudio Rodríguez Fer, doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña: "A interculturalidade forma parte esencial do meu pensamento e da miña obra"» (entrevista), "Xornal da USC", 15-5-2012. e, no campo cívico, a Presidencia de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest e o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.
Foi traducido a numerosos idiomas en antoloxías e revistas de linguas románicas, xermánicas, eslavas e orientais, así como en edicións exentas, como, en castelán, Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015) e Anarquista o nada (Poemas de la memoria libertaria) (2016); en inglés, Tender Tigers (2012), Rosalía’s Revolution in New York (2014), Deathless Loves (2015) e New York, New Poems (2022); en francés Voyages à toi (2008), La pièce bretonne (2014), Les amours profonds (2016) e Dialogues impossibles (2018); en italiano, L'ansia di avere le ali (2015); en grego, Πύλες απειράριθμες (2017); en bretón, Muioc'h kalz eget mil bloaz (2000); en romanés, Dincolo de pădure (2018); en catalán, Bellesa o barbàrie (2019); en portugués, Uma temporada no paraíso (2019) etc. O seu poema "A cabeleira", sucesivamente reeditado en edicións políglotas, foi traducido a máis de sesenta linguas en A cabeleira multilingüe (2017), mais tamén existe edición políglota do seu poema Pai meu (Amén, camarada) (2017). O mesmo poeta introduciu e traduciu Musgo / Moss, de Emily Dickinson (2015).
Foi obxecto de tres libros: Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996, Ed. Positivas) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999 e ampliado 2008), de Olga Novo, quen tamén o analizou na introdución de Unha tempada no paraíso, e Os mundos de Claudio Rodríguez Fer (1998, Ed. do Castro) de Natalia Regueiro.
En 2025 foi elixido membro da Academia Europea das Ciencias e das Artes para tomar posesión en marzo de 2026.
En 2026 ao xubilarse na USC foi nomeado profesor e persoal investigador ad honorem, con actividade adscrita ao departamento de Lingua e Literaturas Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.De conformidade co establecido no artigo 7 do Regulamento de profesorado e persoal investigador ad honorem da USC aprobado polo Consello de Goberno o día 29 de outubro de 2019, e en execución do acordo adoptado por este mesmo órgano o día 29 de maio de 2026, esta Reitoría, en virtude das atribucións conferidas polo ordenamento xurídico, RESOLVE: Nomear a don Claudio Rodríguez Fernández profesor e persoal investigador ad honorem, con actividade adscrita ao Departamento de Lingua e Literaturas Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, por un período de 3 anos, dende o 1 de setembro de 2026 ata o 31 de agosto de 2029, podendo prorrogarse por dous anos máis e, como máximo, ata que cumpra 75 anos. Unha vez finalizado este período, a condición de profesorado ou persoal investigador ad honorem será vitalicia a efectos honoríficos
Vida persoal É parella de Carmen Blanco García, con quen ten unha filla, Mariña.
Obra Poesía Poemas de amor sen morte (1979). Granada: Antonio Ubago. ISBN 978-84-85551-15-6. Tigres de ternura (1981). Santiago: Reprografía 1846, ISBN 978-84-300-6871-5; Tender Tigers (2012). Noia: Toxosoutos, en edición bilingüe galego-inglés, con tradución de Kathleen March. Edición en liña. Cinepoemas (1983). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, ISBN 9788475071060; reedición gráfica de Cristina Fiaño (2016, Ouvirmos); 2021: ed. de Fonmiñá, con deseño gráfico de Cristina Fiaño, con seis películas-poesías máis. Historia da lúa (1984). Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-8471544650. A boca violeta (1987). Santiago: Sotelo Blanco Edicións, Leliadoura. ISBN 978-8486021566. Lugo blues (1987). Concello de Lugo. 89 páxs. Reeditado en Alvarellos (2024), con ilustracións de Sara Lamas. Vulva (1990). Santiago de Compostela: Libros da Cebra. ISBN 9788440482518. Cebra (1991). Málaga: El Guadalhorce. A muller núa (1992). Biblioteca 114, El Correo Gallego. ISBN 978-8485553457 Extrema Europa (1996). Santiago: Ed. Positivas. 55 páxs. ISBN 978-84-87783-33-3. A unha muller descoñecida (1997). S. C. Valle-Inclán, Colección Esquío. ISBN 978-84-86046-84-2. Rastros de vida e poesía (2000). Con serigrafías de Eugenio Granell. Valladolid: El Gato Gris. ISBN 978-84-923927-9-7. Moito máis que mil anos / Muioc'h kalz eget mil bloaz (2000). SKRID. en edición bilingüe galego-bretón de María Lopo. A vida. Gravados sobre corpo (2002). Carpeta de autor. Lugo: Taller de Gravado Augatinta. A loita continúa (2004). Vigo: Xerais, 96 páx. ISBN 978-84-9782-162-9. Viaxes a ti (2006). Lugo: Taller de Gravado Augatinta; Voyages à toi (2008, Espiral Maior), en edición bilingüe galego-francés con tradución de María Lopo e Annick Boilève-Guerlet Ámote vermella (2009). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-953-3. Unha tempada no paraiso (2010). Noia: Toxosoutos, con estudo de Olga Novo, Uma temporada no paraíso (2019), Valer, edición bilingüe galego-portugués de Saturnino Valladares. Amores e clamores (Poesía reunida) (2011). Sada: Ediciós do Castro, 326 páxs. ISBN 978-84-8485-306-0. Terra extrema de radiación amorosa (2011). BVG. O cuarto bretón / La pièce bretonne (2014). A tola soñando, en edición bilingüe galego-francés con tradución de Marianne Equy. Revolución rosaliana en Nova York / Rosalía’s Revolution in New York (2014). A tola soñando, en edición bilingüe galego-inglés con tradución de Kathleen March. Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015). Centro de Arte Moderna, en edición bilingüe galego-castelán con tradución de Tera Blanco de Saracho. Ansia das alas / L'ansia di avere le ali (2015). A tola soñando, en edición bilingüe galego-italiano de Christine Stufferin. Amores sen morte / Deathless Loves (2015). Edicións Follas Novas, en edición bilingüe galego-inglés de Diana Conchado. A cabeleira (Poema en 35 idiomas) (2015). A tola soñando. A cabeleira (Poema en 60 idiomas) (2016). A tola soñando. Os amores profundos / Les amours profonds (2016). Edicións Follas Novas, en edición bilingüe galego-francés de María Lopo. Anarquista o nada (Poemas de la memoria libertaria) (2016). Amargord, con tradución de Olga Novo e Tera Blanco de Saracho. A cabeleira multilingüe (Poema en 65 idiomas) (2017). A tola soñando.