Lida Encarnación Avilés, nada no Porto do Son o 1 de maio de 1898 e finada en Avellaneda o 27 de xuño de 1976, foi unha actriz arxentina de ascendencia galega, coñecida como Lida Liss. Foi pioneira do cine mudo no seu país.

Traxectoria Sen experiencia previa debutou como actriz en 1919 co filme Campo ajuera, dirixido por José Agustín Ferreyra e protagonizado por Nelo Cosimi e Diego Figueroa, desempeñándose segundo Leopoldo Torres Ríos "cunha sobriedade e unha firmeza de xesto pouco común".Jorge Miguel Couselo: El negro Ferreyra, un cine por instinto pág. 38. Editorial Freeland Buenos Aires 1969 Liss iniciou a súa carreira logo de ser presentada por Fanny Loy a Ferreyra, co cal traballou en oito dos seus filmes.

Xa para o ano 1925 e logo do filme, Y era una noche de carnaval, a súa fama foi minguando, e ó non ter xa relación con Ferreyra, a súa imaxe foise diluíndo do mundo artístico

Vida privada Tivo un romance co director arxentino José Agustín Ferreyra. Morreu aos 78 anos por causas naturais o domingo 27 de xuño de 1976.

Filmografía Campo ajuera (1919) De vuelta al pago (1919) Palomas rubias (1920; como Elena Carter) La gaucha (1921; como Marga, la gaucha) Buenos Aires, ciudad de ensueño (1922; como Magdalena, la cocotte) La muchacha del arrabal (1922) La chica de la calle Florida (1922; como Alcira, a rapaza da rúa Florida) Melenita de oro (1923) Y era una noche de carnaval (1925)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Finados en 1976 Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia galega