María Consolación García-Cortés Cadavid,Faceta Empresarial nada en Ourense o 3 de decembro de 1951,Biografía de Chelo García-Cortés en Lecturas máis coñecida como Chelo García-Cortés, é unha xornalista galega que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no xornalismo do corazón.

Traxectoria Aínda que naceu en Ourense en 1951, á idade temperá de tres meses trasládase a vivir coa súa familia a Madrid, regresando de novo a terras galegas aos dezaseis anos. Actualmente vive desde hai anos en Castelldefels (Barcelona). Os veráns pásaos na súa casa de Eivissa.Chelo García Cortés vuelve a su casa de Ibiza para descansar

Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona,Cuando todos quisieron ser periodistas os seus primeiros pasos profesionais deunos cando comezou a traballar moi nova, en 1973, en La Voz del Miño, emisora sindical da súa Ourense natal, mentres facía o servizo social, e de aí pasou a Radio Popular no mesmo Ourense.La entrevista más íntima... Chelo García-Cortés: “Aunque Isabel Pantoja no me vuelva a hablar, nunca la traicionaré”

No 1975 é fichada por Radio Miramar en Barcelona (onde se traslada a vivir), dirixida entón por Marcelino Rodríguez de Castro. A partir dese momento empeza no xornalismo do corazón e a súa primeira reportaxe publícaa no 1976 para a revista ¡Hola!.Chelo García-Cortés: 'La ropa yo la guardo en los armarios, las personas no' Logo foi durante moito tempo correspondente da revista Diez minutos en Barcelona, onde tiña unha páxina que se chamaba Por las Ramblas. Tamén colaborou na revista Papillón, onde foi pioneira ao fotografar o primeiro espido masculino en España, ao actor Joan Llaneras.Chelo García-Cortés: ´El corazón no es el género chico si se hace con dignidad´ Máis tarde chamárona de Cadena Catalana onde colaborou con Paco Lobatón, ata que a reclamou a COPE, polas mañás, xunto a Antonio Herrero.

Compaxinando o seu traballo en radio e prensa, Chelo fixo o seu debut en televisión no 1997 con Jordi González no programa Les 1000 i una de TV3, aínda que anteriormente xa participara nalgúns programas da televisión de Cataluña. Traballou tamén entre 1998 e 2004 no programa de Ana Rosa Quintana Sabor a ti, de Antena 3, labor que compaxinou co seu traballo na prensa escrita, coa revista Lecturas, e na radio, con Cristina López Schlichting en La Tarde con Cristina de COPE e máis tarde con Isabel Gemio en Te doy mi palabra de Onda Cero.

Con todo, a súa popularidade débella ao talk show de crónica social DEC (tamén coñecido como ¿Dónde estás corazón?), conducido por Jaime Cantizano en Antena 3 desde 2003 ata 2011.Telecinco ficha a Chelo García-Cortés, una histórica del corazón de Antena 3 Ese mesmo ano ficha pola cadea Telecinco, tras 13 anos na competencia (Antena 3), onde colabora en programas como Sálvame e Sábado Deluxe (2011-actualidade), La Noria (2011-2012), e Abre los ojos... y mira (2013) e as Campanadas de fin de año de 2017-2018 como colaboradora do programa previo.

Á marxe do seu traballo en televisión, Chelo colabora puntualmente nas publicacións ¡Hola! e Semana.

Xunto co tamén xornalista Jesús Locampos, escribiu o libro Yo Acuso, publicado en 2008 pola editorial Grand Guignol. No libro, a xornalista fai unha autocrítica do xornalismo do corazón.EL MUNDO | Suplemento crónica 652 - Yo acuso a la prensa del corazón Chelo García-Cortés presentó su libro, 'Yo acuso', un acto en el que contó con María Teresa Campos y Jesús Locampos

Vida persoal No persoal, a súa nai morreu en 1962, cando ela tiña só once anos, e foi criada polo seu pai, Rafael García-Cortés Alonso (1916-11 de decembro 2001).El drama infantil de Chelo García Cortes: "La vida se truncó a los 11 años" Chelo García-Cortés: “Soy bisexual, no lesbiana”

Mantivo unha relación sentimental de dez anos con José Manuel Parada, pero dende 2005 está casada con Marta Roca Carbonell, con quen contraeu matrimonio o 8 de agosto. Declarouse abertamente bisexual.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1951