Farsa das zocas é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 1 da revista Grial en 1963 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol). Foi reeditada en 1971 e 1982 . miniatura|Portada do n.º 1 de Grial. Foi estreada polo Grupo Fingoi en Lugo en 1953. Tamén a representaron Cantigas e Agarimos (1966, 1970). Breogania (1979), Eusebio da Guarda (1984), Xuntanza (1983).
Personaxes Edelmira de Cornido Breixo da Acea Divina da Acea Delfino de Outeiro O Gaxeiro O Crebaxerros O crego O médico O notario Adelina Raposo Xocas de Cornido O apuntador
Desenvolvemento Acto I Escena I
Os irmáns Breixo e Divina están sentados na cociña. Entra Edelmira e deixa fóra as zocas. Mentres os irmáns fan que dormen ela quéixase de moitas dores. Edelmira era rica e dona da casa, casou co Breixo que era o criado e Divina andaba ao xornal. Agora o marido e a cuñada folgan e non fan nada, comen e beben, pero non fixo testamento, prefire que quede todos para os curmáns.
Sae Edelmira, eles escoitaran todo e deciden irlle roubar o mel da colmea ao tío Delfino do Outeiro. Saen para o roubo e Divina leva postas as zocas da cuñada.
Escena II
Na curtiña e de noite preséntase o tío Delfino, dono dunha colmea que lle dá bo mel e logo marcha. Chegan os irmáns, as zocas fan ruído porque lle quedan grandes a Divina. Collen o mel, Divina di que llo dará a probar a Edelmira dicíndolle que o mercou en Filgueira. Sae Delfino a berros cos ladróns.
Escena III
De volta na cociña Divina dálle o mel a Edelmira para que lle pasen os males. Mais non fai efecto e morre a berros polas dores. Entra o marido, o Breixo, acompañado do Gaxeiro e o Crebaxerros. Lamentan que non deixase testamento feito.
Escena IV
O Notario, o Crego e o Médico xogan ás cartas mentres o Raposo, o escribente, traballa. A criada Adelina avísaos de que unha muller e uns homes queren facer testamento. O Crebaxerros explícalle ao notario que a muller está moi maliña e quere facer testamento. A Divina preséntase como Edelmira de Cornido e quere deixarlles ao marido e a cuñada, o Breixo e a Divina. Dinlles que volvan ao día seguinte polo papel, ela protesta porque está moi mala e non atura tanta viaxe. Mentres agardan polo papel Adelina tráelle chocolate á suposta enferma Divina.
Acto II Escena I
Na cociña da defunta Edelmiara están Breixo, Divina, o Gaxeiro e o Crebaxerros. Divina lembra o engano do testamento e como enterraron á Edelmira co traxe de casar e as zocas repenicadas. As falsas testemuñas ofrécense para outra e todos beben.
Escena II
De noite e nunha carballeira preséntase o Xocas, viúvo que vai visitar a Frorinda da Pereira. Topa coa Santa Compaña e fala coa ánima da Edelmira. El dille que na parroquia a xente se estrañou de que lles fixera o testamento ao marido e á cuñada, cando se levaban coma o can e o gato.
E Edelmira dille que terá que andar sete anos polo mundo sen descanso ata que se lle abran as portas do ceo. A culpa é da cuñada e o home que lle foron roubar o mel ao tío Delfino, a Divina levaba as súas zocas postas e deulle do mel e ela comeu. E enterrárona coas zocas e así non pode entrar no paraíso. Sobre o testamento ela non o fixo, foi a Divina que puxo o seu mantelo e fíxose pasar por ela levando dúas testemuñas falsas.
A ánima pídelle tres favores a Xocas: ir á casa onde ela naceu, dicirlles aos novos donos que durante sete anos lle poñan unha cunca ao xantar e chamen por ela, irlle pedir perdón ao tío Delfino polo roubo da colmea.
Escena III
A mesma disposición de personaxes que na escena IV do acto I.
Xogan ás cartas e logo van marchando. A Adelina fai entrar ao Breixo xunto ao notario. Nun longo parrafeo o Breixo cóntalle ao notario a aparición da Santa Compaña, os mandados da ánima e a falsidade do testamento. Pídelle que desfaga o testamento, o notario négase e ameázao co cárcere. Breixo tamén ameaza o notario e dille que as testemuñas están dispostas a falaren. Este pregúntalle se a ánima da Edelmira lle mandara que dixera que o testamento era falso ou só lle comentou o caso. Breixo responde que o que é mandar non llo mandou pero... E o notario vai resolver o caso ao seu xeito.
Escena IV
Están na cociña Breixo, Divina e Xocas. Breixo lémbralles a obriga do xantar e que non se vai meter no do testamento.
Póñenlle a cunca á defunta Edelmira, chámana e... algo pasará que remata a acción. Sae o apuntador e di: remata eiquí a farsa das zocas.
Características Na edición de 1971 dise:
E o autor engade no prólogo:
Carmen Suárez Rey sinala:
Segundo Sindo Villamayor:
Para Henrique Rabuñal:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas 20x20px IES Sofía Casanova: A farsa das zocas (consultado o 13 de marzo de 2018) 20x20px IES Mugardos: A farsa das zocas (consultado o 13 de marzo de 2018) 20x20px Consello da Cultura Galega, Día das Letras Galegas 2020: María Vázquez, Melania Cruz, Tito Asorey.
Categoría:Obras literarias de 1963 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego