Francisco Pazos Martínez, nado en Covas (Meaño) en 1961, é un escultor galego.Currículo na páxina web do artista .
Traxectoria miniatura|255x255px|esquerda|Cruceiro no Mirador de San Cibrao de Covas (Meaño) Tras rematar os seus estudos primarios formouse na Escola de Canteiros de Poio entre 1980 e 1985. Despois desta etapa crea o seu propio taller na súa vila natal, onde comezou a crear as súas primeiras obras. Entre 1991 e 2000 estivo na Escola de Canteiros como docente, actividade que abandonou para centrarse de cheo na creación artística.
Realiza escultura figurativa e abstracta utilizando como materiais principais a pedra e a madeira, combinándoas con ensambladuras caprichosas, utilizando roturas deliberadas e grampas innecesarias, o que confire ás súas obras un estilo propio e recoñecible. Tamén realiza cadros pintados sobre madeira e mobles de madeira ou combinados con outros materiais.
As súas obras trufan o concello de Meaño, hai obra no Museo de Pontevedra, e tamén están presentes en diversos lugares fóra de Galicia.
miniatura|250px|Fiestra aberta ó mar (2004). Paseo marítimo da Coruña
Museos, coleccións e lugares públicos que teñen obra súa Santo Domingo de la Calzada, A Rioxa. Museo de Pontevedra. Colección Deputación da Coruña. Museo Carlos Maside. Sada. Colección Afundación. Museo Celta de Vigo. Universidade de Vigo. Concello de Alcobendas, Comunidade de Madrid. Paseo marítimo da Coruña. Concello de Vigo. Concello de Carballo. Colección Viñas-Gil. Albacete. Colección Bernardo Quetglas. Mallorca. Diversas coleccións particulares.
Premios e bolsas 1983 - 2º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra. 1984 - 1º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra. 1990 - Medalla de Bronce XXI Bienal de Pontevedra. 2008 - Premio “Antón Fraguas”. Deputación da Coruña. 2008 - 1º Premio concurso escultura aire libre Fundación FEIMA. Madrid. 2016 - 1º Premio III Certame Francisco Asorey.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Francisco Pazos Páxina persoal .
Bibliografía en PintoresGallegos.com .
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1961