John Harrison, nado en Foulby, West Yorkshire (Inglaterra) en 1693 e finado en Londres o 24 de marzo de 1776, foi un reloxeiro inglés famoso por ter deseñado e facer funcionar o primeiro cronómetro mariño de alta precisión, suficiente para determinar a lonxitude no mar cando se percorren grandes distancias. Tamén construíu 4 cronómetros que permitían o cálculo da lonxitude mediante a diferenza entre a hora local (calculada cunhas táboas e facendo medidas astronómicas co octante) e a hora dun meridiano orixe, por exemplo Greenwich (mantida polo cronómetro).
Traxectoria
Primeiros anos John Harrison, naceu en Foulby, sendo o primeiro dos cinco nenos da súa familia, e foi bautizado o 31 de marzo na igrexa parroquial. O seu pai traballou como carpinteiro en Nostell Priory, unha leira achegada. Aínda que hai unha placa no lugar que se cre que puido ser a casa da familia, hoxe sábese que a casa foi construída posteriormente.
Contra o ano1700, a familia Harrison mudouse a unha aldea de Lincolnshire. Alí aprendeu e continuou o oficio de seu pai, carpinteiro, e xa comezou a realizar reloxos, de madeira, no seu tempo libre.
Os cinco cronómetros de Harrison Os cinco modelos de cronómetro mariño de Harrison: 150px 130px 130px 138px 200px Modelo H-1 Modelo H-2 Modelo H-3 Modelo H-4 Modelo H-5
Notas
Véxase tamén
Bibliografía John Harrison and His Timekeepers, Gould, Rupert T.. National Maritime Museum, Londres, 1978. The Mariner Chronometer, J. D. Potter, Londres, 1923.
Categoría:Nados en 1693 Categoría:Nados en Yorkshire Occidental Categoría:Finados en 1776 Categoría:Medalla Copley Categoría:Inventores do Reino Unido