O aeroporto internacional Augusto C. Sandino é o principal aeroporto en Managua, capital de Nicaragua. Foi bautizado na honra do revolucionario nicaraguano Augusto César Sandino e está situado no Distrito 6 da cidade. Orixinalmente chamouse aeroporto Las Mercedes en 1968 e cambióuselle o nome ao actual durante o goberno sandinista nos anos 80. En 2001 o presidente Arnoldo Alemán volveu cambiar o nome e coñeceuse como aeroporto internacional de Managua. En febreiro de 2007 o presidente Daniel Ortega cambiouno novamente para o presente nome.
O aeroporto ten unha pista de aterraxe alternativa no aeroporto de Punta Huete. Punta Huete foi deseñado para avións máis grandes, porén, esta pista non ten servizos comerciais. O aeroporto está operado pola compañía estatal Empresa Administradora de Aeropuertos Internacionales (EAAI).
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Augusto C. Sandino