A colección Ablativo Absoluto foi unha colección literaria de Edicións Xerais de Galicia creada en 1996 e dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega, así como algunha tradución doutras linguas. Estaba a cargo de Fran Alonso, e formaban parte do consello editorial Iris Cochón, Helena González Fernández, María do Cebreiro e Miro Villar.
Libros editados Palimsesto (Agostiño Lomba) Traballo de campo (Seamus Heaney, 1996) Nínive (Chus Pato, 1996) Poemas da cidade oculta (Estevo Creus, 1996) O asasino estrábico (Anxo Quintela, 1996) Muller ceiba (Sandra Cisneros) Nós nus (Olga Novo, 1997) Upalás (Grupo Rompente, 1998; antoloxía) O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev (Claudio Pato, 1997) Casa ou sombra (Rafa Villar, 1997) Ferros e ameixas (Carles Bellsolá) Hiaptia (Alfonso Pexegueiro, 1998) o estadio do espello (María do Cebreiro, 1998) Zona gris á mañá (Durs Grünbein) Os teus dedos na miña braga con regra (Lupe Gómez, 1999) Lúa gris (Eduardo Estévez, 1999) O sangue dos árabes (Lino Braxe, 1999) Paisaxes do baleiro (Eva Veiga, 1999) As galiñas de vento (Günter Grass) sede auga (Cesáreo Carballido) Far-west (Carlos Negro, 2001) A tribo das baleas. Antoloxía trilingüe da poesía galega última (Helena González, antóloga) casa atlántica casa cabaret (María Lado, 2001) 1999 (Helena de Carlos, 2001) Unha vida de traballo nos bosques do cánabo (Claudio Pato, 2002) Damas negras: música e poesía cantada por mulleres (María do Cebreiro, antóloga; 2002) Véxase tamén Outros artigos Biblioteca das Letras Galegas Colección Fóra de Xogo
Ablativo Absoluto Colección Ablativo Absoluto