Carlota O'Neill, nada en Madrid o 27 de marzo de 1909 e finada en Caracas o 20 de xuño de 2000, foi unha escritora e xornalista feminista española. Esposa do capitán Virgilio Leret, executado tras oporse en Melilla ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española, pasou cerca de cinco anos en prisión Virginia O’Neill. República., partindo en 1949 aVenezuela Virginia O’Neill. República.. Tamén escribiu baixo os pseudónimos de Carlota Lionell e Laura de Noves.
Traxectoria Carlota Alejandra Regina Micaela O'Neill Lamo foi filla de Enrique O'Neill Acosta, un diplomático mexicano con ascendencia irlandesa, e da española Regina Lamo Jiménez -alias Nora Avante-, escritora, pianista e apaixonada defensora do sindicalismo e do cooperativismo e colaboradora de Lluís Companys. Tivo unha irmá, Enriqueta O'Neill -alias Regina Flavio-, que tamén foi escritora, ademais de varios medio irmáns dun matrimonio anterior do seu pai. O seu tío Carlos Lamo Jiménez, foi o compañeiro sentimental da escritora e xornalista Rosario de Acuña. Foi tía da política e escritora Lidia Falcón.
Máis tarde, a súa familia trasladouse a Barcelona, onde coñeceu o militar Virgilio Leret, co que tivo dúas fillas, María Gabriela (Mariela) e Carlota (Loti). Carlota e Virgilio casaron cando estaban a esperar a súa segunda filla. Feminista e de esquerdas, Carlota O'Neill escribiu obras dramáticas -coa Central de Teatro Proletari-, estreou en Madrid a súa obra A fuego, o 11 de febreiro de 1933, e fundou e dirixiu a revista Nosotros en 1934. En 1934 ingresou no Ateneo de Madrid e en 1935 en Izquierda Republicana.
Guerra civil española En xullo de 1936 atopábase en Melilla co seu marido e as súas fillas, xa que Leret era o xefe das Forzas Aéreas Zona Oriental de Marrocos e da base de hidroavións do Atalayón, Melilla. Os sublevados acabaron coa resistencia de Leret na base e asasinárono, aínda que a súa esposa non o sabería até tempo despois. Tras o ataque, Carlota O'Neill foi detida o 22 de xullo de 1936 e separada das súas fillas, Carlota e Mariela. Foi xulgada por un tribunal militar dezaoito meses despois da súa detención. Sometérona a Consello de Guerra e foi condenada a seis anos de prisión polo delito de inxurias ao Exército.
O 12 de xullo de 1940, O Tribunal de Responsabilidades Políticas de Melilla abriu unha nova causa a Carlota O'Neill, onde sinalan que o seu influxo predominante sobre o seu esposo, o capitán Leret, e os escritos dos que foi autora, contribuíron a fomentar a situación anárquica e desastrosa que fixo necesaria a iniciación do movemento nacional. Sobre a base disto o fallo do tribunal inhabilitouna durante cinco anos para exercer cargos públicos do estado, provincia e municipio e ao pago dunha sanción económica, cumprindo 3 anos e 9 meses de cárcere durante os cales traballou no semanario Redención, promovido pola Asociación de Propagandistas Católicos.
Liberdade e migración a Venezuela
Tras a súa saída do cárcere, en 1941, Carlota O'Neill tivo que facer grandes esforzos por recuperar a custodia das súas fillas, mentres escribía baixo o pseudónimo de Laura de Noves para manterse. Grazas aos contactos de Enriqueta O'Neill co entón Secretario Provincial de Prensa de Barcelona José Bernabé Oliva, leva as fillas a un centro rexentado polas Misioneiras de Cristo Rei en Barcelona. A publicidade en Hoja del Lunes e outras publicacións franquistas promoveu a súa carreira Tras obter a custodia das súas fillas, emigra en Venezuela en 1949. Virginia O’Neill. República.
En México escribiu, anos despois dos devanditos sucesos, un libro no que narra a súa experiencia na guerra civil española, o seu paso polo cárcere de Vitoria Grande, onde estivo até 1940, os xuízos militares a que estivo sometida, a súa loita para recuperar a custodia das súas fillas unha vez que saíu do cárcere, e a viaxe a Venezuela (non o exilio). Publicado orixinalmente en 1964 en México baixo o título Una mexicana en la guerra de España, en España non se publicaría até 1979 baixo o título: Una mujer en la guerra de España. Dese libro publicáronse sete edicións. O mesmo foi traducido ao inglés, co título de Trapped in Spain, e ao polaco, co título de Spojrzenie zza kr.
Reivindicación do traballo do seu esposo
O seu marido Virgilio Leret deseñou un motor turbocompresor de reacción continua. Este invento foi patentado no Rexistro da Propiedade Industrial de Madrid, o 28 de marzo de 1935. O Presidente da República, Manuel Azaña, nomeou a Virgilio Leret profesor da Escola de Mecánicas de Catro Ventos e encargou á Hispano-Suíza de Aviación a construción dun prototipo para setembro de 1936. Leret non chegou a exercer de profesor e o prototipo non se construíu. O deseño ideado por Virgilio Leret estaba á altura dos avances aeronáuticos que se rexistraban en Europa.
Carlota mantivo viva a memoria do seu esposo e difundiu a súa historia, que está recollida no seu libro Unha muller na guerra de España. O que conta no seu libro é que, despois do fusilamento de Virgilio Leret, mandáronlle as súas pertenzas mentres ela estaba no cárcere. Segundo a autora, estas incluían tres copias dos planos do motor, que conseguiu que sacasen clandestinamente e que fosen gardadas na casa do pai doutra das reclusas. En 1940 entregou os planos e a memoria do invento ao comandante James Dickson, agregado aéreo do Reino Unido en Madrid, coa esperanza de que o traballo de Virgilio Leret fose de axuda aos aliados na segunda guerra mundial. Aínda que a familia de Leret en España mantén unha copia manuscrita dos plans e da memoriahttp://www.congresovictimasfranquismo.org/wp-content/uploads/2011/12/14.-familia-de-Virgilio-Leret.-Homenaje-a-Virgilio-Leret.pdf.
En 1971 Carlota preguntou ao Goberno británico que ocorreu cos planos do motor entregados 30 anos atrás na súa embaixada en Madrid e non obtivo resposta.
Legado e polémica coa familia do seu marido En 2007, unha rúa en Madrid foi renomeada no seu honor. En 2017, a familia Leret en España iniciou unha campaña para esixir o cambio de nome da rúa en Madrid, denunciando que Carlota O'Neill fora colaboradora do réxime franquista
Obras Como Carlota O'Neill Novelas románticas ¡No teneis corazón! (1924) Eva Glaydthon (1924) Historia de un beso (1925) Pigmalión (1925)
Outras obras ¿Que sabe usted de Safo?: amó a las mujeres y a los hombres (1960) "Amor": diario de una desintoxicación (1963) La verdad de Venezuela (1968) Los muertos también hablan (1973) Teatro (1974) Romanza de las rejas: prosa poética (1977) Cinco maneras de morir: diálogos (1982) Circe y los cerdos; Como fué España encadenada; Los que non pudieron huir (1997)
Autobiográfica Una mujer en la guerra de España = Una mexicana en la guerra de España (1964)
Como Carlota Lionell Biografía novelada La triste romanza de amor de Franz Schubert (1942)
Como Laura de Noves Biografías noveladas Rascacielos (1942) Beso a usted la mano señora (1943) Esposa fugitiva (1943) Al servicio del corazón (1945) En mitad del corazón (1949) …y la luz se hizo ¿Quiere usted ser mi marido? La señorita del antifaz Las amó a todas No fue vencida Patricia Packerson pierde el tren Vidas divergentes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cruz González, Antonio. «Carlota y Virgilio, dos republicanos. 2: Carlota». El viejo topo Recompilación de diversos materiais sobre Carlota O'Neill
Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1909