A igrexa de Hejdeby (sueco: Hejdeby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura A igrexa foi construída durante o século XIII. Primeiro levantáronse o coro e a nave nun estilo románico tardío, e por último construíuse a torre amosando influencias do gótico temperán.
O interior da igrexa está ricamente decorado con frescos medievais. Estes datan de dous períodos distintos. Os máis antigos son do século XIII e representan a apóstolos, a coroación de María e a varios santos. O outro conxunto de frescos son do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo. A igrexa ten tamén unha cruz triunfal de principios do século XIII, unha pía bautismal medieval cunha tapa de madeira ricamente tallada, e un pouco común banco medieval. Outras pezas do seu mobiliario orixinal están a día de hoxe no Museo de Gotland en Visby.
Galería de imaxes
Notas
Hejdeby