miniatura|Dobre centenional a nome de Magnencio O centenional (en latín: centenionalis) foi unha moeda da Antiga Roma cuñada en bronce na derradeira época do baixo Imperio.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Centenional".
Historia A aparición do centenional supón unha tentativa de Constante e de Constancio II de reintroducir unha moeda de bronce de gran módulo, entre os anos 320 d. C. e 340 d. C., momento en que os follis perderan case todo o seu valor.
Aínda que a tipoloxía específica resulte confusa, desde a perspectiva numismática actual considérase como centenional a moeda desa época cun peso de entre 3,55 e 2,60 gramos. Aínda que a asignación dun valor para estas moedas non está clara, é habitual atribuírlle o da centésima parte da siliqua de prata, polo menos no momento do seu nacemento, aínda que este foi diminuíndo co tempo."Centenional, Centenionalis, Nummus Centenionalis; ¿Cómo nombrarlo? ". En Monedas del Bajo Imperio (en castelán)
A existencia do centenional non foi moi longa. Chegou a dexenerar ata tal punto o seu valor que deixou de emitirse coa reforma monetaria de 395 d. C. de Teodosio, a partir da cal xa só se emitiron as máis pequenas das fraccións de moedas de cobre, que en xeral se coñecen hoxe como AE3 e AE4, en función da amplitude dos seus diámetros, xa que se descoñecen as súas denominacións naquel momento.Armstrong, M. A. "The Monetary History of the Roman Republic". Armstrong Economics (en inglés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda constantiniana
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163
Ligazóns externas
"Centenionalis". En CoinArchives.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso