Daniel Martínez i Ferrando, nado en Valencia o 6 de outubro de 1888 e finado en Palma o 8 de xaneiro de 1953, foi un escritor valenciano, irmán dos tamén escritores Eduard Martínez i Ferrando e Jesús Ernest Martínez Ferrando.
Traxectoria Militante da Joventut Valencianista, chegou a ser membro da súa directiva en 1910. Colaborou coas revistas valencianas Terra Valenciana, Pátria Nova e D'Ací i de d'Allà. En 1916 logrou a cátedra de inglés na Escola Profesional de Comercio das Palmas de Gran Canaria; ao ano seguinte obtivo o traslado a Vigo e en 1921 a Palma. En 1920 ingresou na loxa masónica España Democrática.
O Tribunal de Responsabilidades Políticas xulgouno ao rematar a guerra civil española e condenouno a tres anos de prisión polas súas ideas de esquerda e por pertenza á masonería; pasou nove meses na prisión de Porlier (Madrid) e o resto en Burgos. Unha vez liberado en 1942 volveu a Palma, mais non o readmitiron na súa cátedra ata uns poucos meses antes de morrer.
A súa poesía recibiu unha forte influencia do modernismo catalán, converténdose nun dos renovadores da poesía valencianaDaniel Martínez i Ferrando en Memoria Valencianista da Fundación Josep Irla . fronte á xeración anterior, que tiña como máximo representante a Teodor Llorente. A súa conferencia "Renaixement. Moment actual de la poesia valenciana" lida en Lo Rat Penat en 1909 converteuse nun auténtico manifesto pola renovación da poesía e a a asunción das correntes poéticas modernas que se desenvolvían na época no resto de Europa. Así e todo a súa lírica evolucionou cara a unha poesía máis persoal, de carácter simbólica e paixasista. Fóra da novela Las brujas en castelán publicou libros de viaxes e mais un ensaio.
Obras Escumes (1936), que reuniu a súa obra en catalán: La cançó de l'isolat (1911) Vora la mar del Nord (1915) Visions de l'Horta (1916) Solidaridad y Regionalismo (1908) A través de Galicia (1922, con prólogo en galego de Antón Villar Ponte) Guía sentimental de Mallorca (1925) Las brujas (1925, novela) Ciudades islámicas (1927) Ciudades marroquíes. A través del Magreb (1928)
Notas
Ligazóns externas Poemes de Daniel Martínez i Ferrando Santi Cortés Carreres València sota el règim franquista (1939-1951) Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1995
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Personalidades sen imaxes